Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade “COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN”

Servizo de Educación do Concello de Vigo formula no marco do Programa Educativo Municipal "Aulas Internacionales", unha nova edición da iniciativa didáctica "Vigo Activities 2010-2011" coa finalidade de ofertar aos centros de educación primaria da nosa cidade distintas propostas de actividades que intentan contribuír á mellora da competencia da lingua inglesa. 

Estas actuacións didácticas de aplicación no marco do horario lectivo escolar e dinamizadas por persoal nativo e bilingüe, están deseñadas coa clara intencionalidade de propiciar no alumnado un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión lingüística, para mellorar os seus hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar o labor do profesorado por implicar un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

Máis información en:
Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo abre o prazo de convocatoria para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (PILIVIGO 2011)

 

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 25 de Febreiro de 2011, aprobou as “Bases e Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILIVIGO 2011)".  Logo dos positivos resultados acadados polo Programa de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO nas anteriores edicións, esta iniciativa didáctica tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "Aulas Internacionais".

Dito programa, destinado a alumnado de 3º de ESO de centros educativos sostidos con fondos públicos de Vigo, contará cun máximo de 290 prazas para realizar estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.

As prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade,

As persoas interesadas poden consultar as referidas bases na páxina web do programa PILI (http://www.pilivigo.org), onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de participación. A documentación para a tramitación de solicitudes deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de marzo ata o 06 de abril, ambos inclusive.

 

Categorías
Educación Vigo

A Presidenta da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sae nunha entrevista en Atlántico Diario

A nova do xornal céntrase na idea de crear o Plan de Convivencia para o curso que vén en Vigo. Mª Carmen fai un percorrido polos integrantes da Comisión que preside e comenta o proxecto de Boas Prácticas que temos en marcha desde principios de ano.
Categorías
CEMV

O alumnado do Cemv organiza o I ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE CONSELLOS ESCOLARES

No encontro, presentaron o Cemv e as súas funcións dentro del. Tamén convidaron ás persoas que se atopaban alí a que participasen do Cemv e enviasen propostas ou ideas para levar ao Pleno do Cemv.

Deron os datos de contacto para comunicarse: o perfil do tuenti (amigos polo Cemv) e a conta de correo (amigospolocemv@gmail.com).

Tamén os animaron a presentárense ás eleccións de alumnado para o Cemv, que son cada 2 anos.

Categorías
Educación Vigo

Discriminación a mitade do alumnado no PILI

O alcalde anuncia a nova convocatoria das becas de inglés para Secundaria, que este ano suben ata as 290 prazas

Abel Caballero informou da aprobación das bases da adxudicación da Xunta de Goberno Local celebrada a pasada semana, que sufragará a estancia case un mes no Reino Unido a 250 estudantes de centros públicos de 4º da ESO e a outros 40 de concertados. O alcalde estima que a oferta municipal poderá cubrir a demanda nos colexios públicos de Vigo. Os beneficiarios deberán ter unha nota mínima dun 6 en inglés.

 Si es cierta esta noticia "La injusticia hacia mas de la mitad del alumnado de Vigo que estudia en colegios concertados seria increíble".

Aunque muchos que lo veáis no estéis de acuerdo conmigo, no por estudiar en colegios concertados se es más rico…….. "demagogia de algún elemento", simple y llanamente ejercemos la libertad de enseñanza que nos da la constitución.

Como ciudadanos que son tanto unos como otros, no se puede quitar nunca ni a la pública para dárselo a la concertada ni a la concertada para dársela a la pública.

Por lo que las bases deberían se igualitarias y en todo caso "las 40 que se ponen como a las concertada, se dejen para casos excepcionales."

Gracias

J. Francisco Rodríguez

SURGAPA

Categorías
Educación Vigo

Boas Prácticas en prol da Convivencia Escolar.

Que é unha Boa Práctica en prol da Convivencia Escolar?

En educación, unha boa práctica en relación á convivencia é unha iniciativa, unha política ou un modelo de actuación exitoso que mellora, ao cabo, os procesos escolares e os resultados educativos do alumnado, do profesorado e de toda a comunidade educativa en xeral.

O carácter innovador dunha boa práctica complétase coa súa efectividade. Neste contexto, a innovación educativa vai moito máis alá da mera produción de novidade; debe demostrar a súa eficacia e replicabilidade. Só en tales condicións unha "práctica boa" se converte nunha "Boa Práctica".

Cales son os trazos característicos dunha Boa Práctica?

De acordo coa UNESCO e a Comunidade internacional, as Boas Prácticas han de ser:

– Innovadoras
, desenvolven solucións novas ou creativas.
– Efectivas, demostran un impacto positivo e tanxible sobre a mellora.
– Sostibles, polas súas esixencias sociais, económicas e ambientais poden manterse no tempo e producir efectos duradeiros.
– Replicables, serven como modelo para desenvolver políticas, iniciativas e actuacións noutros lugares.

Por que é importante identificar, reunir e difundir as Boas Prácticas?

Entre as diferentes razóns, cabe destacar as seguintes:

– Permite aprender dos/as outros/as.
– Facilita e promove solucións innovadoras, exitosas e sostibles a problemas compartidos.
– Permite tender pontes entre as solucións empíricas efectivas, a investigación e as políticas.
– Proporciona orientacións excelentes para o desenvolvemento de iniciativas novas e a definición das políticas.

(parte deste texto é unha adaptación da páxina web do Consello Escolar da Comunidade de Madrid)

Categorías
Educación Vigo

A Comisión de Convivencia e Innovación Educativa revisa os anteproxectos de lei de convivencia e de igualdade de trato.

A Comisión Pedagóxica do Cemv, conformada por representantes de distintos sectores da comunidade educativa de Vigo, concorda co distanciamento desta lei ante medidas de convivencia, xa que se entende unha forma de regular medidas correctoras contra o acoso escolar, pero non atende nen á prevención, nen á formación integral nen á participación real e bidireccional das familias. Non fala do absentismo escolar e tampouco ten en conta o xa feito en materia de convivencia e educación emocional.
As achegas desta comisión faranse públicas para coñecemento de toda a comunidade educativa.
Categorías
Educación Vigo

Morre un gran mestre, José María García Picher

Puidemos ter a ocasión de verificar estas palabras, cando o Mestre J.M. García Picher, tivo a vontade e amabilidade de asistir ó acto da conmemoración do 60ª aniversario do CEIP O Pombal a pesares do seu delicado estado de saúde, e puidemos apreciar tódolos presentes o agarimo e amor que intercambiaron os antiguos alumnos que son os novos pais dos alumnos actuais, así coma dos colegas alí presentes e incluso os cativos que o escoitaron con atención, e para os que provocou un gran sorriso de complicidade, como él sabía, no intre de contar as súas vivencias no Colexio.

 

Persoalmente eu, pasei por un momento de “nerviosismo”, tal coma a que se sinte cando te-la posibilidade de falar con aquela persoa que consideras tan grande, me acheguei a él para saudalo, inda sen o coñecer (inda que despois de tanto escoitado da súa persoa sobre os seu traballo e vida  me parecía coñecelo de sempre), e quixen achegarme para darlle-las grazas ó MESTRE de tantos nenos que eu, como pai, teño infinitas palabras de agradecemento, pero moito máis, para min era como ir a darlle-las grazas ó meu MESTRE, ó MESTRE DE TODOS, aquel que sabes que non só é mestre das palabras, senon tamén da vida. Nas primeiras palabras que intercambiamos, que deseguido transcribo, dectámonos da súa grandeza e humildade como persoa:

 

          Bos días e benvido Sr. Picher. Son un pai da ANPA…e un gran pracer coñecelo en persoa ..non sabe canto… Moitísimas gracias por asistir – dixen eu.

          Moitas gracias a vos por estar “ahí”… Isto é unha alegría …Gracias a vos por me convidar…

 

Agasallounos coa súa presenza nos actos do aniversario, con fermosas e sentidas palabras e amosounos a todos o porqué do seu amor pola súa profesión e, particularmente, a lembranza agarimosa que tiña polos anos adicados a este centro,  e a tódolos presentes nos enchiu o peito de ledicia e bolboretas, e coma non, ós máis vellos/as de bagoas do nerviosismo, morriña e lembranzas.

 

Sabiamos que tivo unha longa vida de representación na cidade a nivel social como expresidente do Círculo Mercantilde Vigo ou fundador da Asociación de Amigos da Universidade, a nivel político coma Concelleiro de Educación e Cultura , e docente noutros centros da cidade, anque para nós…para todos nós sempre será importante porque foi…o NOSO MESTRE, o noso director.

 

Agasallounos coa súa presenza e o seu traballo nos centros de ensino e da administración da cidade ó longo da súa vida, e deixou en todos unha grande pegada na que se recoñece a súa innata labor de mestre , tanto do ensino coma da vida de tantos  vigueses e a xenerosidade coa que se entregou a tal fin.

 

Fago polo tanto, a solicitude ó Pleno do CEMV para que faga público o máximo recoñecemento da Comunidade Educativa da Cidade de Vigo a esta gran persoa, José María García Picher, xa que non só soubo dar grandeza a cidade de Vigo co seu traballo, senon que ademáis soubo realmente dar significado á palabra MESTRE.

 

SAÚDE E GRAZAS POR TODO. ATA SEMPRE MESTRE.

 

Nel Pena.  Secretario da ANPA O Pombal.  Secretario da FOANPAS

 

_”Con mis maestros he aprendido mucho; con mis colegas, más; con mis alumnos todavía más”_

Proverbio hindú

Categorías
Educación Vigo

Faleceu Chito Veiga, o pai do alpinismo galego.

Onte mércores, 19 de xaneiro de 2011, finou Don Constancio Veiga González, pai do montañismo galego e pioneiro do alpinismo en Galicia.

Aínda que a súa profesión non foi a de docente, exerceuna a través do seu amor á natureza e o deporte, sendo realmente un gran docente e educador.

Levou esta paixón a miles de escolares vigueses que durante décadas participaron na “operación benxamin” dos montañeiros celtas, un gran curso de iniciación ao montañismo. 

Transmitiu coñecementos de orientación, fotografía, mineraloxía, o respecto e estudio dos animais, as árbores, técnicas de montaña, a camiñar … pero sobre todo, valores de respecto ás persoas, ao deporte, os/as compañeiros/as; unha escola de vida.

Rogo a este pleno do Cemv o recoñecemento da comunidade educativa de Vigo a este gran mestre que foi Constancio Veiga, Chito.

E gustaríame dicir que hoxe as montañas se visten de gala porque chega Constancio, e non se escoitará o silencio senón as melodías do tintineo das clavixas e mosquetóns e o murmurio do seu camiñar.

 Grazas mestre, ata sempre.

Bertila Fernández

Categorías
Educación Vigo

Sae o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa.

Podedes atopar máis información e opinións nestes enlaces: