Categorías
CEMV

Regulamento de Organización e Funcionamento do CEMV

Categorías
Educación Vigo

Acordos da sesión plenaria do 1 de xullo de 2010

O 1 de xullo de 2010 tivo lugar o primeiro Pleno da nova andaina do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), no que se presentaron os resultados do proceso de elección do alumnado, dando a benvida ás catro alumnas representantes no Consello, así como os plans de traballo das dúas comisións existentes no seu seo.

A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa centrará os seus esforzos na mellora da convivencia escolar, como obxectivo estratéxico do que se derivan programas de integración, prevención e atención ao alumnado con problemáticas diversas, así como de promoción da participación da comunidade educativa, en aras dunha educación de calidade e inclusiva.

Pola súa banda, a Comisión de Equipamentos e de Planificación Educativa asumíu a dobre reto de promover medidas para actualizar o Mapa Escolar de Vigo, adecuándoo ás necesidades socioeducativas actuais, e de mellorar as infraestruturas dos centros públicos e privados da cidade.

Respecto deste último punto, presentouse unha proposta en relación coa situación do CEIP Altamar, aprobándose por maioría do Pleno un acordo polo que se insta, con carácter de urxencia:

–    Á Xunta de Galicia, para que tome en consideración e execute no máis breve prazo posible, a oferta municipal de remodelación e ampliación en 1.200 m2 das actuais instalacións do CEIP Altamar na rúa Cesáreo González, de acordo co informe urbanístico presentado.

–    Ao Concello de Vigo, a que realice as xestións oportunas para axilizar ao máximo a concesión dos permisos e licencias necesarias.

Categorías
CEMV

Resultados do proceso electoral do alumnado representante no CEMV

No cadro que se acompaña preséntanse os resultados acadados:

Nome

Curso

Centro

Votos

Mª Cristina De la Calle Rodríguez          

1º Bacharelato          

EPAPU Berbés

 8

Julia Fernández Casado

1º Bacharelato

IES do Castro

 7

Silvana Mª Moscoso Pérez

Ciclo Formativo

CPR Mendiño

 6

Adrián Hernández de la Fuente

3º ESO

CPR Mariano


 5

Cynthia B. Pereira Romero

4º ESO

CPR MªInmaculada

 5

Laura Álvarez Sío

4º ESO

IES R. Oriental Uruguay      

 5

Benigno Bermúdez Parcero

4º ESO

CPR El Castro

 3

Carmen Misa Moreira

2º ESO

CPR Don Bosco

 3

Diego García Fernández

4º ESO

CPR Alborada

 3

Javier H. Rodríguez Alonso

3º ESO

CPR Quiñones de León

 2

Marta López Sorribas

4º ESO

CPR Don Bosco

 2

Paula García Rodríguez

3º ESO

CPR Alborada

 2

O martes 15 de xuño ás 18 horas, no salón de actos do Instituto Municipal de Educación (IME), está prevista unha xuntanza co alumnado candidato e as súas familias, á que asistirá a Concelleira de Educación e Presidenta do CEMV, Laura López Atrio.

Os obxectivos desta xuntanza son:

  • Presentar públicamente os resultados do proceso electoral.
  • Recoñecer e agradecer o interese amosado na participación no CEMV.
  • Informar das funcións das/os representantes do alumnado no CEMV.
  • Propoñer a conformación dun grupo de traballo cos/coas 12 alumnos/as candidatos/as.

 

Categorías
Educación Vigo

Normativa Xeral

Categorías
CEMV

Constitúese o Pleno do CEMV

ORDE DO DÍA:

1. Benvida do Alcalde.
2. Constitución do Pleno do CEMV.
3. Informe da Presidenta.
4. Nomeamento do/a Vicepresidente/a do CEMV.
5. Elección dos membros das comisións de traballo e dos/as vogais da Comisión Permanente.
6. Propostas de actuacións para o CEMV.
7. Rolda de preguntas.

Categorías
Educación Vigo

O CEMV inicia nova andadura

Dende a Concellería de Educación temos adquirido un compromiso coa promoción dunha Política Educativa de carácter transversal, innovador e de vangarda, que sitúe a educación na axenda política da cidade, implicando aos diferentes axentes sociais que participan do sistema educativo (familias, profesorado, alumnado, administración, movementos sociais, organizacións…), nun proxecto colectivo de educación e de cidadanía democrática.

Só a través dunha Política Educativa que potencie a participación é posible fomentar a cohesión-inclusión social, o sentimento de pertenza á cidade e o avance cara unha sociedade democrática.

Participar é poder facer uso de canles, espazos e medios que se arbitran para o encontro e o diálogo. Neste sentido, dende a Concellería de Educación queremos revitalizar o Consello Escolar Municipal de Vigo, que concibimos como un órgano privilexiado de participación da comunidade educativa na cidade.

Entre as iniciativas que se desenvolveron nesta liña, cómpre resaltar o novo Regulamento de organización e funcionamento do CEMV, no que a participación é o eixo clave, e a contratación dunha asistencia técnica que dé soporte ás funcións que ten encomendadas.

Apostamos por unha idea de participación que supere a visión institucionalizada da mesma, definida por un alto nivel de formalismo, por un carácter simbólico e por unha función lexitimadora. Pola contra, pretendemos unha participación que se organiza co protagonismo de todos os membros da comunidade educativa en todo o que lle afecta. Unha participación que supere as representacións corporativas. Unha participación que faga explícitos os valores de xustiza, democracia, solidariedade e autonomía dos suxeitos. Unha participación na que o formal actúa como garantía e non como cerimonia, traballando con criterios de eficacia e utilidade. 

Categorías
Educación Vigo

Publicación das candidaturas definitivas do alumnado do CEMV

O proceso de eleccións establecido consta de tres fases:

  • Información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
  • Presentación de candidaturas do alumnado interesado: provisional e definitiva.
  • Celebración de eleccións.

 

No cadro que se acompaña preséntanse as candidaturas definitivas do alumnado:


Nome                                                 Curso                              Centro


 

Cynthia B. Pereira Romero                   4º ESO                           CPR MªInmaculada
    
Julia Fernández Casado                       1º Bacharelato                IES do Castro

Benigno Bermúdez Parcero                  4º ESO                           CPR El Castro

Laura Álvarez Sío                                4º ESO                           IES República Oriental do Uruguay
Adrián Hernández de la Fuente             3º ESO                           CPR Mariano

Diego García Fernández                       4º ESO                           CPR Alborada
Paula García Rodríguez                        3º ESO                           CPR Alborada

Silvana Mª Moscoso Pérez                    Ciclo formativo                CPR Mendiño
Mª Cristina De la Calle Rodríguez          1º Bacharelato                EPAPU Berbés

 

Javier Humberto Rodríguez Alonso        3º ESO                          CPR Quiñones de León

Carmen Misa Moreira                           2º ESO                         CPR Don Bosco

Marta López Sorribas                           4º ESO                         CPR Don Bosco

 

 

O alumnado representante dos consellos escolares dos centros da cidade de Vigo, recibirá por correo certificado as papeletas para exercer o seu voto, dispoñendo de dous días hábiles dende a recepción da carta.
Poderán votar ata un máximo de catro alumnos/as, e deberán entregar a papeleta na Dirección dos seus centros, para que a selen e a envíen á Concellería de Educación.