Categorías
CEMV Sen categorizar

RESULTADOS DO PROCESO ELECTORAL DO ALUMNADO REPRESENTANTE NO CEMV (ANO 2024)

O pasado martes 18 de xuño de 2024 procedeuse ao reconto de votos que culmina o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estiveron convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo.

A seguir, móstrase o nome dos catro candidatos  e candidatas que obtiveron maior número de votos e que por tanto foron elixidos para formar parte do sector usuarios:

NOMEAPELIDOSCURSONOME DO CENTROVOTOS
*SaraVázquez Casal2º BACHIES Teis12
AdriánMansilla Garnilla4º ESOIES Álvaro Cunqueiro11
JavierCastro de Diego1º BACHIES do Castro9
María AndreaArauna González2º ESOIES Santo Tomé de Freixeiro9
EilaLago González2º ESOCPR María Auxiliadora7
*A alumna Sara Vázquez Casal non poderá formar parte do Consello Escolar Municipal de Vigo porque, aínda que cando se presentou estaba cursando estudos de 2º de Bacharelato nun Centro de Ensino da cidade, a partir do próximo curso xa non será alumna deste centro.

O resto dos alumnos e alumnas candidatos pasarán a formar parte dunha lista de suplentes que se elabora cos seguintes fins:

  • Ocupar o lugar dalgún dos alumnos ou alumnas elixidos no caso de que causen baixa.
  • Ser os alumnos que farán de relevo ao cabo de 2 anos cando, segundo establece o regulamento, é preciso renovar este estamento por completo.

 A continuación establecese a lista de suplentes indicando o posto que ocupa cada un segundo o número de votos. Para os casos nos que houbo o mesmo numero de votos establecéronse os seguintes criterios de desempate:

  1. Deuse prioridade ao alumno que ocupa maior nivel educativo.
  2. Cando se deu a circunstancia de que obtiveron o mesmo número de votos estudantes do mesmo nivel educativo, seguiuse o criterio de orde alfabética do apelido.
ORDE DE RESERVANOMEAPELIDOSCURSONOME DO CENTROVOTOS
LucíaMartínez Lago2º BACHIES Alexandre Bóveda6
CarlaAlonso Rouco1º BACHIES Coruxo6
SofíaCapaz Bermejo1º BACHIES Santa Irene6
ÁlvaroCastro Rodríguez3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias6
LucíaFeijoo González3º ESOCPR Bouza Brey6
DashaPototskiy Bugarín3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias6
DiegoSilva Otero1º BACHIES Santa Irene5
MartínEsteban Estévez4º ESOCPR Martín Códax5
NicoleDiner González3º ESOCPR Mercantil5
10ºNicolás BraisQuiroga Rodríguez3º ESOCPR San Fernando5
11ºAishaFerreira Moraes3º ESOCPR San Fernando4
12ºNoaSouto Márquez1º BACHIES Alexandre Bóveda3
13ºAdrianaGarcía Alonso3º ESOCPR Compañía de María3
14ºRaquelRodríguez Valverde3 ESOCPR Compañía de María3
Categorías
CEMV Sen categorizar

Candidaturas definitivas de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 3 de xuño, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino.

NOMEAPELIDOSCURSONOME DO CENTRO
LucíaFeijoo González3º ESOCPR Bouza Brey
SaraVázquez Casal2º BACHIES Teis
María AndreaArauna González2º ESOIES Santo Tomé de Freixeiro
NicoleDiner González3º ESOCPR Mercantil
Nicolás BraisQuiroga Rodríguez3º ESOCPR San Fernando
AishaFerreira Moraes3º ESOCPR San Fernando
EilaLago González2º ESOCPR María Auxiliadora
LucíaMartínez Lago2º BACHIES Alexandre Bóveda
NoaSouto Márquez1º BACHIES Alexandre Bóveda
JavierCastro de Diego1º BACHIES do Castro
CarlaAlonso Rouco1º BACHIES Coruxo
RaquelRodríguez Valverde3 ESOCPR Compañía de María
AdrianaGarcía Alonso3º ESOCPR Compañía de María
DiegoSilva Otero1º BACHIES Santa Irene
SofíaCapaz Bermejo1º BACHIES Santa Irene
MartínEsteban Estévez4º ESOCPR Martín Códax
AdriánMansilla Garnilla4º ESOIES Álvaro Cunqueiro
DashaPototskiy Bugarín3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias
ÁlvaroCastro Rodríguez3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias
Categorías
CEMV Sen categorizar

Candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade.

Dentro deste proceso de renovación, é preceptivo nomear catro alumnos/as que serán elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares dos centros existentes no municipio (artigo 6).

O proceso de eleccións establecido consta de tres fases:
– Información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
– Presentación de candidaturas do alumnado interesado: provisional e definitiva.
– Celebración de eleccións.

No cadro que se acompaña preséntanse as candidaturas provisionais do alumnado, establecéndose un prazo ata o 15 de maio para presentar reclamacións, enviando un correo electrónico a cemv@vigo.org, indicando os datos de contacto.

NOMEAPELIDOSCURSONOME DO CENTRO
LucíaFeijoo González3º ESOCPR Bouza Brey
SaraVázquez Casal2º BACHIES Teis
María AndreaArauna González2º ESOIES Santo Tomé de Freixeiro
NicoleDiner González3º ESOCPR Mercantil
Nicolás BraisQuiroga Rodríguez3º ESOCPR San Fernando
AishaFerreira Moraes3º ESOCPR San Fernando
EilaLago González2º ESOCPR María Auxiliadora
LucíaMartínez Lago2º BACHIES Alexandre Bóveda
NoaSouto Márquez1º BACHIES Alexandre Bóveda
JavierCastro de Diego1º BACHIES do Castro
CarlaAlonso Rouco1º BACHIES Coruxo
RaquelRodríguez Valverde3 ESOCPR Compañía de María
AdrianaGarcía Alonso3º ESOCPR Compañía de María
DiegoSilva Otero1º BACHIES Santa Irene
SofíaCapaz Bermejo1º BACHIES Santa Irene
MartínEsteban Estévez4º ESOCPR Martín Códax
Adrián
Mansilla Garnilla4º ESOIES Álvaro Cunqueiro
DashaPototskiy Bugarín3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias
ÁlvaroCastro Rodríguez3º ESOCPR Padre Míguez Calasancias

Transcorrido o prazo, enviaránselle aos representantes de alumnos e alumnas dos consellos escolares dos centros de secundaria da cidade de Vigo as papeletas para a votación. Para exercer o voto, deberán cumprimentar a papeleta, selala e entregala na Dirección dos seus centros.

Categorías
CEMV Sen categorizar

Presentación sobre autoorientación académica e profesional a cargo de Daniel Veiga

Daniel Veiga Martínez foi un dos convidados que participou nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar organizadas polo CEMV. Exerce o seu traballo de orientador educativo desde 1994, labor que desempeña actualmente no IES García Barbón de Verín.  Ten unha ampla traxectoria ademais en TIC aplicadas á orientación educativa, sendo pioneiro no uso do blog na orientación educativa, desde o ano 2005.

Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha excelente ferramenta creada para a autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato. Se quere consultar a súa presentación de xeito íntegro prema aquí: Presentación Xornadas Orientación escolar municipais de Vigo

Categorías
CEMV

Resumo das Xornadas Municipais de Orientación Escolar

Preto de 500 alumnos/as de sete centros da cidade de Vigo achegáronse o pasado martes 13 de xuño ao Auditorio Mar de Vigo para participar nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar, organizadas conxuntamente pola Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa e pola Comisión do Alumnado do Consello Escolar Municipal de Vigo.

A xornada foi inaugurada polo Alcalde da cidade que non dubidou en falarlle ao alumnado da súa experiencia vital como estudante, animándoos na busca do seu camiño profesional. A seguir interveu Joel Covelo, Presidente da Comisión do Alumnado do CEMV, que aproveitou para chamar aos seus compañeiros e compañeiras á participación nas diferentes institucións, valéndose dos distintos mecanismos que existen para facela efectiva. Ademais, aproveitou para pórse á súa disposición como representante do alumnado neste órgano colexiado.

Tras isto, Antonio Vázquez, Vicepresidente do CEMV, presentou aos diferentes relatores.

Mª Ángeles Cortés de Dios, Diplomada en Educación Social  pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya, foi a encargada de abrir as Xornadas coa charla Xestión do talento. Partindo das premisas de que “todos temos un talento, simplemente hai que topalo” e de que “o talento que non se cultiva, pérdese”, a relatora convidou ao alumnado a afondar na busca de cales son os seus intereses, habilidades e motivacións para, a partir de aí, comezar a dirixir a súa carreira profesional.

A segunda intervención correu a cargo de Daniel Veiga Martínez, orientador educativo desde 1994 que actualmente traballa no IES García Barbón de Verín e que ten unha ampla traxectoria en TIC aplicadas á orientación educativa. Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha completísima ferramenta creada por el mesmo para axudar na autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato.  

As xornadas remataron coa motivadora intervención de Raquel Pedrouso, facilitadora de procesos de aprendizaxes, motivadora e coach executivo. A motivación é o teu futuro foi o título escollido por esta Diplomada en Educación Social  pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya. A través dunha serie de dinámicas grupais levou ao alumnado presente a reflexionar sobre o futuro académico, profesional e vital desde o optimismo.

Categorías
CEMV Sen categorizar

Xornadas Municipais de Orientación Escolar

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza unhas xornadas de orientación e asesoramento educativo para estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que empezan a ter que tomar decisións sobre o seu futuro académico. A cita será o luns 13 de xuño no Auditorio Mar de Vigo desde as 10:00h ás 12:30h.

Atendendo á demanda da Comisión de Alumnado do CEMV,  queremos  propiciar un espazo para a reflexión, o debate e a aprendizaxe, que estará baseado na orientación académica, orientación profesional e a xestión de aspectos psicolóxicos e motivacionais do alumnado. O obxectivo destas xornadas é que o alumnado teña a oportunidade de achegarse ao coñecemento integral dos cambios que se están a producir nos plans de estudos coa nova reforma educativa, que lles poida proporcionar estratexias e habilidades no marco educativo adaptadas ás características individuais de cada alumno/a, e todo elo na procura de  axudarlles nunha axeitada toma de decisións no aspecto académico e profesional.

Os Centros educativos interesados deberán remitir antes do 04 de xuño este formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo de correo electrónico do Consello Escolar Municipal de Vigo (cemv@vigo.org).

         

Categorías
CEMV

Resultados do proceso electoral do alumnado representante no CEMV

Tras o parón na actividade no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) causado pola situación de emerxencia sanitaria, rematouse agora o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo.

Categorías
CEMV

Candidaturas definitivas de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 9 de marzo, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino.

NOME APELIDOS CURSO NOME DO CENTRO
Clara Duan Arregui Legerén 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Jakob Benjamín Cabaleiro Althoff 2ºESO CPR Plurilingüe Labor
Joel Covelo Gallego 3ºESO IES Carlos Casares
Daniel Groba Losada 2ºESO CPR Quiñones de León
Lorena Lemos Suárez 4ºESO CPR Maristas
Zerihum Luis Feijoo 3ºESO CPR Martín Codax
Pablo Joel Ocampo Pérez 3ºESO CPR Amor de Dios
Sergio Pico González 3ºESO IES Castelao
Daniela Pousada Calderón 3ºESO CPR Amor de Dios
Egoitz Rivas Ibarretxe 4ºESO IES Rosais 2
Javier Rodríguez Aguilar 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Erea Soto Díaz 2ºBACH IES A Guía

Categorías
CEMV

Candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade.

Categorías
CEMV

O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV, organiza as xornadas “Convive xogando”

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais “Convive Xogando”, cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas.