Tras o parón na actividade no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) causado pola situación de emerxencia sanitaria, rematouse agora o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo.
A seguir, móstrase o nome dos catro candidatos e candidatas que obtiveron maior número de votos e que por tanto foron elixidos para formar parte do sector usuarios:
NOME | APELIDOS | CURSO | NOME DO CENTRO | VOTOS |
Joel | Covelo Gallego | 3ºESO | IES Carlos Casares | 15 |
*Erea | Soto Díaz | 2ºBACH | IES A Guía | 12 |
Egoitz | Rivas Ibarretxe | 4ºESO | IES Rosais 2 | 12 |
Sergio | Pico González | 3ºESO | IES Castelao | 9 |
Zerihum | Luis Feijoo | 3ºESO | CPR Martín Codax | 6 |
*A alumna Erea Soto Díaz non poderá formar parte do Consello Escolar Municipal de Vigo porque, aínda que cando se presentou era alumna nun Centro de Ensino da cidade, a día de hoxe xa ten concluído os seus estudios de Bacharelato.
O resto dos alumnos e alumnas candidatos pasarán a formar parte dunha lista de suplentes que se elabora cos seguintes fins:
1. Ocupar o lugar dalgún dos alumnos ou alumnas elixidos no caso de que causen baixa.
2. Ser os alumnos que farán de relevo ao cabo de 2 anos cando, segundo establece o regulamento, é preciso renovar este estamento por completo.
A continuación establecese a lista de suplentes indicando o posto que ocupa cada un segundo o número de votos. Para os casos nos que houbo o mesmo numero de votos establecéronse os seguintes criterios de desempate:
1. Deuse prioridade ao alumno que ocupa maior nivel educativo.
2. Cando se deu a circunstancia de que obtiveron o mesmo número de votos estudantes do mesmo nivel educativo, seguiuse o criterio de orde alfabética do apelido.
ORDE DE RESERVA | NOME | APELIDOS | CURSO | NOME DO CENTRO | VOTOS |
1º | Lorena | Lemos Suárez | 4ºESO | CPR Maristas | 4 |
2º | Daniela | Pousada Calderón | 3ºESO | CPR Amor de Dios | 4 |
3º | Jakob Benjamín | Cabaleiro Althoff | 2ºESO | CPR Plurilingüe Labor | 4 |
4º | Pablo Joel | Ocampo Pérez | 3ºESO | CPR Amor de Dios | 2 |
5º | Daniel | Groba Losada | 2ºESO | CPR Quiñones de León | 2 |
6º | Clara Duan | Arregui Legerén | 3ºESO | CPR Padre Míguez Calasancias | 0 |
7º | Javier | Rodríguez Aguilar | 3ºESO | CPR Padre Míguez Calasancias | 0 |