Accesibilidade

O Concello de Vigo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade con Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que trasponse a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de outubro de 2016.

Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

  • Poden existir arquivos de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web a través do seguinte formulario de contacto

Pode presentar:

  • Unha Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
  • Una Solicitude de Información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor una carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

A través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorra o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.

Contido opcional

O sitio web está optimizado para as últimas versións vixentes de FireFox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280×1024.

O sitio web está deseñado para unha visualización adaptable, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para o sua visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Empregamos a ferramenta WAVE para comprobar que as páxinas desta web cumplen co estándar WCAG 2.

Teclas de acceso rápido

Os elementos desta web, incluíndo os seus menús, son navegables mediante o uso do teclado.