Categorías
CEMV Sen categorizar

Presentación sobre autoorientación académica e profesional a cargo de Daniel Veiga

Daniel Veiga Martínez foi un dos convidados que participou nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar organizadas polo CEMV. Exerce o seu traballo de orientador educativo desde 1994, labor que desempeña actualmente no IES García Barbón de Verín.  Ten unha ampla traxectoria ademais en TIC aplicadas á orientación educativa, sendo pioneiro no uso do blog na orientación educativa, desde o ano 2005.

Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha excelente ferramenta creada para a autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato. Se quere consultar a súa presentación de xeito íntegro prema aquí: Presentación Xornadas Orientación escolar municipais de Vigo

Categorías
CEMV Sen categorizar

Xornadas Municipais de Orientación Escolar

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza unhas xornadas de orientación e asesoramento educativo para estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que empezan a ter que tomar decisións sobre o seu futuro académico. A cita será o luns 13 de xuño no Auditorio Mar de Vigo desde as 10:00h ás 12:30h.

Atendendo á demanda da Comisión de Alumnado do CEMV,  queremos  propiciar un espazo para a reflexión, o debate e a aprendizaxe, que estará baseado na orientación académica, orientación profesional e a xestión de aspectos psicolóxicos e motivacionais do alumnado. O obxectivo destas xornadas é que o alumnado teña a oportunidade de achegarse ao coñecemento integral dos cambios que se están a producir nos plans de estudos coa nova reforma educativa, que lles poida proporcionar estratexias e habilidades no marco educativo adaptadas ás características individuais de cada alumno/a, e todo elo na procura de  axudarlles nunha axeitada toma de decisións no aspecto académico e profesional.

Os Centros educativos interesados deberán remitir antes do 04 de xuño este formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo de correo electrónico do Consello Escolar Municipal de Vigo (cemv@vigo.org).