Categorías
Educación Vigo

Faleceu Chito Veiga, o pai do alpinismo galego.

Onte mércores, 19 de xaneiro de 2011, finou Don Constancio Veiga González, pai do montañismo galego e pioneiro do alpinismo en Galicia.

Aínda que a súa profesión non foi a de docente, exerceuna a través do seu amor á natureza e o deporte, sendo realmente un gran docente e educador.

Levou esta paixón a miles de escolares vigueses que durante décadas participaron na “operación benxamin” dos montañeiros celtas, un gran curso de iniciación ao montañismo. 

Transmitiu coñecementos de orientación, fotografía, mineraloxía, o respecto e estudio dos animais, as árbores, técnicas de montaña, a camiñar … pero sobre todo, valores de respecto ás persoas, ao deporte, os/as compañeiros/as; unha escola de vida.

Rogo a este pleno do Cemv o recoñecemento da comunidade educativa de Vigo a este gran mestre que foi Constancio Veiga, Chito.

E gustaríame dicir que hoxe as montañas se visten de gala porque chega Constancio, e non se escoitará o silencio senón as melodías do tintineo das clavixas e mosquetóns e o murmurio do seu camiñar.

 Grazas mestre, ata sempre.

Bertila Fernández