Categorías
CEMV

O alumnado do Cemv organiza o I ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE CONSELLOS ESCOLARES

O grupo de alumnado do Cemv organizou o pasado mércores, 23 de febreiro de 2011, ás 18h, no IME (Instituto Municipal de Educación) o I ENCONTRO DON REPRESENTANTES DE ALUMNADO DE CONSELLOS ESCOLARES. A intención foi a de presentar o Consello Escolar Municipal e recoller propostas para poder levar ao pleno deste órgano colexiado.

Estiveron representantes dos seguintes centros educativos:

  • Colexio Monterrey
  • IES Politécnico
  • Colexio Mariano
  • IES Santa Irene
  • IES República Oriental do Uruguai
  • Colexio Carmelitas
  • IES do Castro
  • CPR Mendiño

No encontro, presentaron o Cemv e as súas funcións dentro del. Tamén convidaron ás persoas que se atopaban alí a que participasen do Cemv e enviasen propostas ou ideas para levar ao Pleno do Cemv.

Deron os datos de contacto para comunicarse: o perfil do tuenti (amigos polo Cemv) e a conta de correo (amigospolocemv@gmail.com).

Tamén os animaron a presentárense ás eleccións de alumnado para o Cemv, que son cada 2 anos.