Categorías
Educación Vigo

Convocatoria do novo curso 2011-2012 das Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA)

EMMA está composta pola Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), a Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad) e a Escola Municipal de Teatro (EMT).

Os datos básicos da oferta actual das escolas que conforman EMMA son os seguintes:

Escola municipal de música de Vigo (EMMV)
  • De 4 a 7 anos: Música e Movemento
  • A partir de 8 anos: Práctica instrumental: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Tuba e Percusión. Actividades grupais.
Máis información: 
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo) 
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público:
Mañás (xuño): de 10,00 h a 13,00 h, luns, martes, xoves e venres
Tardes (xuño): de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Mañás (setembro): de 10,00 h a 13,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: info@esmuvigo.es 
www.emmavigo.org

Escola municipal de música folk e tradicional (e-Trad)
  • A partir de 9 anos: Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico. Actividades grupais
Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo) 
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público:
Mañás: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: e-trad@vigo.org 
www.emmavigo.org

Escola municipal de teatro (EMT)
  • De 6 a 17 anos: Expresión dramática, Expresión teatral e Iniciación ás técnicas teatrais
  • A partir dos 18 anos: Formación de actores
Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)
Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público:
Mañás: de 10,30 h a 13,00 h, de luns a xóves
Tardes: de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: em.teatro@vigo.org
www.emmavigo.org

PRAZOS DE SOLICITUDE
Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes:
Preinscripción:
  • Por internet (www.emmavigo.org): do 10 de xuño ao 9 de setembro de 2011
  • Presencial (nas oficinas de calquera das escolas municipais): do 10 de xuño ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 9 de setembro
Publicación da lista de solicitantes: 12 de setembro
Realización de probas / sorteos (no seu caso): 14 de setembro
Publicación da lista de admitidos: 16 de setembro
Matrícula: do 19 ao 23 de setembro
Comezo do curso: 26 de setembro

folleto
Categorías
Educación Vigo

As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas colaboran este sábado, con actuacións ininterrumpidas, na Romería solidarias da ONG Pozos de auga Mayo Rey

Avance do programa das actuacións das EMMA para o 11/06/2011.

Categorías
CEMV

Carta da Concelleira de Educación, Laura López Atrio, aos conselleiros e conselleiras do CEMV.

Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán.

O primerio obradorio “SEGURIDADE ESCÉNICA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 27 de Xuño e o 1 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro consiste no uso da técnica corporal na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.

O segundo obradoiro “CREATIVIDADE CORPORAL” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 4 e o 8 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro ten como obxectivo capacitar ó alumnado a recoñecer a creación da personaxe desde o corpóreo, poñer en práctica escénica as ferramentas de creación actoral a partires da metodoloxía do traballo corporal, desenvolver as capacidades creativas do propio corpo e adaptar a creatividade corporal á creatividade escénica.

O terceiro e último obradoiro “CREACIÓN COLECTIVA NA ESCENA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 11 e o 15 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro vai orientado ó proceso de creación desde a idea ata a posta en escena, baseándonos na colectividade como esencia da arte teatral; na voz, o corpo e as singularidades da personalidade dos actores/ bailaríns, é dicir da presenza anterior á escena deste.
Categorías
Educación Vigo

Semana das Letras Galegas

Categorías
CEMV

O Cemv reuniuse en Pleno, este 27 de abril de 2011

Nun momento do Pleno, que durou 3 horas. 
 
Rafael Ojea, secretario do Cemv, tomando notas para a acta.
Outro momento do Pleno.
Categorías
Educación Vigo

Oriente Exprés. Segunda Viaxe. Ciclo de Conferencias da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

Categorías
Educación Vigo

10 ILUSTRADORES PARTICIPAN NA EXPOSICIÓN “SOÑOS ILUSTRADOS” QUE SE INAUGURA ESTE VENRES NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”. 
O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos. Dende o pasado mes de xaneiro, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios é un lugar aberto a toda a cidadanía viguesa para a difusión da cultura e da creación, en forma de coidadas obras artesás e artísticas. A oferta expositiva do Espazo EMAO complementa a faceta académica e formativa desta Escola centenaria, na que se se imparten clases de artesanía do coiro, encaixe de palillos, moda e confección, ourivaría, pintura, debuxo, volume e modelado, escultura e talla en madeira, cerámica artística, encadernación, serigrafía, clases de construcción de zanfona, gaita e luthería antiga. 
Coa colaboración de Espazo EMAO
Máis info:
– nota de prensa
– tarxeta "Soños Ilustrados"
Categorías
Educación Vigo

II Xornadas de Teatro Escolar

Ao longo do periodo no que se organizan estas II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é  dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 
A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares  en formato obra de teatro.
Coa continuación por segundo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Documentación que se pode descargar:
Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo pon en marcha a “Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE”

“Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE 2011” en cifras:
  • 34 centros de ensino participantes e 2.500 escolares de educación primaria (6-12 anos).
  • 132 sesións dos obradoiros plástico-literarios “Paxariños de la e follas secas!” e “Historias de cartón”.
  • Achega e dinamización de 544 libros en 34 lotes bibliográficos ás bibliotecas escolares.
  • Conferencia inaugural “Qontextos: a realidade no álbun ilustrado” o mércores 23 de marzo ás 19,30 hs no Salón de Actos do IME (asistencia gratuíta e aberta ata completar aforo).
  • Exposición permanente no IME “Qontextos: a creatividade infantil no conflito bélico” dende o 24 de marzo ao 29 de abril.
Máis información no sitio web municipal en http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_lectura.php?lang=gal