Categorías
Educación Vigo

II Xornadas de Teatro Escolar

Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR
Dende o vindeiro 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, situado na Rúa Poza Cabalo, s/n en Vigo (Navia), albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as e mozos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.
Ao longo do periodo no que se organizan estas II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é  dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 
A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares  en formato obra de teatro.
Coa continuación por segundo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Documentación que se pode descargar: