Categorías
Educación Vigo

As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas colaboran este sábado, con actuacións ininterrumpidas, na Romería solidarias da ONG Pozos de auga Mayo Rey

As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas (EMMA), dependentes do Servizo de Educación do Concello de Vigo, participan, por primeira vez de forma conxunta, nun evento solidario que se celebra na carballeira de San Roque da nosa cidade. 
A Fundación Mayo Rey, que leva o nome dunha das rexións máis deprimidas de África, ao norte de Camerún, organiza unha Romería Solidaria para recadar fondos destinados á construción de pozos de auga nesa zona. 
A romería terá lugar os dias 11 e 12 de xuño. Durante a xornada do sábado, dende as 12.30 ás 19h, as escolas Municipal de Música (EMM), a Municipal de Teatro (EMT) e de Música tradicional e folk (e-Trad), presentarán, ininterrumpidamente, as súas diversas agrupacións nos dous escenarios habilitados na carballeira: conxuntos instrumentais de música moderna, clásica, jazz, tradicional, pequenas representacións teatrais, pasarrúas, xuntarán máis de 100 músicos e actores nobeles, pertencentes ao alumnado das tres escolas. Esta colaboración, refrendada polo alumnado e o profesorado dos centros, pretende aprofondar na idea do traballo colectivo e desinteresado, como ferramenta útil e necesaria para acadar os niveis de satisfacción persoal e social, que a educación e a práctica das artes musicais e teatrais pode aportar á comunidade; unha ferramenta na que a nosa cidade conta cunha longa tradición, e que representa un extraordinario valor social ao que contribúen continuamente asociacións veciñais, culturais e que EMMA recolle dende a administración pública local. 

Avance do programa das actuacións das EMMA para o 11/06/2011.