Educación Vigo
-
Educación do Concello de Vigo pon en marcha a “Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE”
“Contarte 2011 – Mes da Arte e a Literatura Infantil” programa a súa conferencia inaugural “Qontextos: a realidade no álbum ilustrado” a cargo do ilustrador Chené Gómez, director da ONGD Creart e de Eva Mejuto de OQO Editora, o mércores 23 de marzo ás 19,30 hs. no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (I.M.E.), sito no… Seguir lendo
-
I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia
O próximo día 24 de marzo de 2011 terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela a "I Xornada Técnica sobre concellos e educación", organizada polo Grupo de Traballo "Concellos e Educación" de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración da FEGAMP.Sería de interese que asistan a… Seguir lendo
-
Educación do Concello de Vigo abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais
Está previsto que do 14 de marzo ao 14 de abril de 2011, sexa o período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais.Estas escolas infantís son centros de titularidade municipal, xestinados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados… Seguir lendo
-
Educación do Concello de Vigo programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade “COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN”
No marco do programa educativo municipal “VIGO ACTIVITIES 2010-2011” está previsto que nestos catro itinerarios: Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima, dinamizados por persoal nativo e especialmente pensadas para o seu uso didáctico, participen preto de 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 32 centros de ensino da nosa cidade. Seguir lendo
-
Educación do Concello de Vigo abre o prazo de convocatoria para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (PILIVIGO 2011)
Esta iniciativa didáctica ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo. Seguir lendo
-
A Presidenta da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sae nunha entrevista en Atlántico Diario
Mª Carmen Lorenzo, presidenta da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa, do Cemv, concedeu unha entrevista a Atlántico Diario, onde fai un repaso dos encargos que ten dita comisión e analiza coa xornalista o Anteproxecto de Lei de Convivvencia e Participación da Comunidade Educativa.http://www.atlantico.net/noticia/129829/plan/convivencia/vigo/ Seguir lendo
-
Discriminación a mitade do alumnado no PILI
O alcalde anuncia a nova convocatoria das becas de inglés para Secundariaenlace: http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal¬icia=14850 Seguir lendo
-
Boas Prácticas en prol da Convivencia Escolar.
O Consello Escolar Municipal de Vigo -Cemv- está a buscar experiencias que favorezan a Convivencia Escolar a través de accións desenvoltas nos centros educativos vigueses. Para iso e, desde a súa Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa, elaborouse un pequeno formulario moi sinxelo de cubrir, onde se recollen os datos básicos do proxecto ou experiencia.Coas Boas… Seguir lendo
-
A Comisión de Convivencia e Innovación Educativa revisa os anteproxectos de lei de convivencia e de igualdade de trato.
A Comisión de Convivencia e Innovación Educativa do Cemv, reuniuse o pasado 25 de xaneiro de 2011, con encargo de revisar e sacar unha opinión compartida con todo o Consello Escolar Municipal de Vigo acerca de:Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa (Consellería de Educación da Xunta de Galicia).Anteproxecto de Lei Integral… Seguir lendo
-
Morre un gran mestre, José María García Picher
No pasado fin de semana (15 de xaneiro de 2011), soubemos do pasamento do Sr. J.M.García Picher, e na comunidade educativa do Colexio O Pombal decatámonos que quedaramos orfos dunha persoa importante na vida da nosa pequena familia e da grande familia que facemos a cidade, e que engadiu máis valor se cabe á labor… Seguir lendo