Educación do Concello de Vigo abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

Estes equipamentos municipais pretenden ofrecer á cidadanía un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente:
  1. educativa, entendida como unha prestación que nace do dereito do/a neno/a  á educación nun ambiente axeitado ás súas necesidades. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.
  2. asistencial, xa que ao mesmo tempo pretende ofrecer un servizo de carácter social ás familias traballadoras do municipio, mediante horarios que permitan a correcta conciliación da vida familiar e laboral.
Son obxectivos específicos da EIM:
  • proporcionar ás/os nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, nacionalidade, sexo, relixión, lingua ou condición social
  • fomentar a educación baseada nos principios e valores de tolerancia, solidariedade, igualdade, coeducación, cooperación e respecto aos demais e ao contorno
  • facilitar a integración progresiva dos/as nenos/as na súa cultura e no seu medio
  • prestar especial atención á diversidade dos/as nenos/as, respetanto as diferenzas físicas, intelectuais ou culturais que existen entre eles/as facilitando a súa integración 
  • servir de reforzo e apoio ás familias traballadoras da cidade co fin de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar.

Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes:

  • que a/o nenas/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido no momento de presentar a solicitude
  • ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2011
As escolas teñen un horario contínuo de 07'30 h. ás 20'00 horas. E ao longo do mesmo, os/as nenos/as permanecerán un mínimo de 4 horas. e un máximo de 8 horas.

As/os interesadas/os poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que poder ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM ou ser descargado na páxina web municipal:

Máis documentación: