Algunhas das novas en relación a este feito recóllense a continuación:
Categoría: Educación Vigo
EMMA está composta pola Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), a Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad) e a Escola Municipal de Teatro (EMT).
Os datos básicos da oferta actual das escolas que conforman EMMA son os seguintes:
Escola municipal de música de Vigo (EMMV)
- De 4 a 7 anos: Música e Movemento
- A partir de 8 anos: Práctica instrumental: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Tuba e Percusión. Actividades grupais.
Máis información:
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo)
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público:
Mañás (xuño): de 10,00 h a 13,00 h, luns, martes, xoves e venres
Tardes (xuño): de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Mañás (setembro): de 10,00 h a 13,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: info@esmuvigo.es
www.emmavigo.org
Escola municipal de música folk e tradicional (e-Trad)
- A partir de 9 anos: Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico. Actividades grupais
Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público:
Mañás: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: e-trad@vigo.org
www.emmavigo.org
Escola municipal de teatro (EMT)
- De 6 a 17 anos: Expresión dramática, Expresión teatral e Iniciación ás técnicas teatrais
- A partir dos 18 anos: Formación de actores
Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)
Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público:
Mañás: de 10,30 h a 13,00 h, de luns a xóves
Tardes: de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: em.teatro@vigo.org
www.emmavigo.org
PRAZOS DE SOLICITUDE
Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes:
Preinscripción:
- Por internet (www.emmavigo.org): do 10 de xuño ao 9 de setembro de 2011
- Presencial (nas oficinas de calquera das escolas municipais): do 10 de xuño ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 9 de setembro
Publicación da lista de solicitantes: 12 de setembro
Realización de probas / sorteos (no seu caso): 14 de setembro
Publicación da lista de admitidos: 16 de setembro
Matrícula: do 19 ao 23 de setembro
Comezo do curso: 26 de setembro
Avance do programa das actuacións das EMMA para o 11/06/2011.
O primerio obradorio “SEGURIDADE ESCÉNICA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 27 de Xuño e o 1 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro consiste no uso da técnica corporal na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.
O segundo obradoiro “CREATIVIDADE CORPORAL” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 4 e o 8 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro ten como obxectivo capacitar ó alumnado a recoñecer a creación da personaxe desde o corpóreo, poñer en práctica escénica as ferramentas de creación actoral a partires da metodoloxía do traballo corporal, desenvolver as capacidades creativas do propio corpo e adaptar a creatividade corporal á creatividade escénica.
O terceiro e último obradoiro “CREACIÓN COLECTIVA NA ESCENA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 11 e o 15 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro vai orientado ó proceso de creación desde a idea ata a posta en escena, baseándonos na colectividade como esencia da arte teatral; na voz, o corpo e as singularidades da personalidade dos actores/ bailaríns, é dicir da presenza anterior á escena deste.
Categorías
Semana das Letras Galegas
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”.
O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos. Dende o pasado mes de xaneiro, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios é un lugar aberto a toda a cidadanía viguesa para a difusión da cultura e da creación, en forma de coidadas obras artesás e artísticas. A oferta expositiva do Espazo EMAO complementa a faceta académica e formativa desta Escola centenaria, na que se se imparten clases de artesanía do coiro, encaixe de palillos, moda e confección, ourivaría, pintura, debuxo, volume e modelado, escultura e talla en madeira, cerámica artística, encadernación, serigrafía, clases de construcción de zanfona, gaita e luthería antiga.
Coa colaboración de Espazo EMAO
Máis info:
Categorías
II Xornadas de Teatro Escolar
Ao longo do periodo no que se organizan estas II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.
Coa continuación por segundo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Documentación que se pode descargar: