Categorías
CEMV Sen categorizar

Presentación sobre autoorientación académica e profesional a cargo de Daniel Veiga

Daniel Veiga Martínez foi un dos convidados que participou nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar organizadas polo CEMV. Exerce o seu traballo de orientador educativo desde 1994, labor que desempeña actualmente no IES García Barbón de Verín.  Ten unha ampla traxectoria ademais en TIC aplicadas á orientación educativa, sendo pioneiro no uso do blog na orientación educativa, desde o ano 2005.

Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha excelente ferramenta creada para a autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato. Se quere consultar a súa presentación de xeito íntegro prema aquí: Presentación Xornadas Orientación escolar municipais de Vigo

Categorías
CEMV

Resumo das Xornadas Municipais de Orientación Escolar

Preto de 500 alumnos/as de sete centros da cidade de Vigo achegáronse o pasado martes 13 de xuño ao Auditorio Mar de Vigo para participar nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar, organizadas conxuntamente pola Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa e pola Comisión do Alumnado do Consello Escolar Municipal de Vigo.

A xornada foi inaugurada polo Alcalde da cidade que non dubidou en falarlle ao alumnado da súa experiencia vital como estudante, animándoos na busca do seu camiño profesional. A seguir interveu Joel Covelo, Presidente da Comisión do Alumnado do CEMV, que aproveitou para chamar aos seus compañeiros e compañeiras á participación nas diferentes institucións, valéndose dos distintos mecanismos que existen para facela efectiva. Ademais, aproveitou para pórse á súa disposición como representante do alumnado neste órgano colexiado.

Tras isto, Antonio Vázquez, Vicepresidente do CEMV, presentou aos diferentes relatores.

Mª Ángeles Cortés de Dios, Diplomada en Educación Social  pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya, foi a encargada de abrir as Xornadas coa charla Xestión do talento. Partindo das premisas de que “todos temos un talento, simplemente hai que topalo” e de que “o talento que non se cultiva, pérdese”, a relatora convidou ao alumnado a afondar na busca de cales son os seus intereses, habilidades e motivacións para, a partir de aí, comezar a dirixir a súa carreira profesional.

A segunda intervención correu a cargo de Daniel Veiga Martínez, orientador educativo desde 1994 que actualmente traballa no IES García Barbón de Verín e que ten unha ampla traxectoria en TIC aplicadas á orientación educativa. Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha completísima ferramenta creada por el mesmo para axudar na autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato.  

As xornadas remataron coa motivadora intervención de Raquel Pedrouso, facilitadora de procesos de aprendizaxes, motivadora e coach executivo. A motivación é o teu futuro foi o título escollido por esta Diplomada en Educación Social  pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya. A través dunha serie de dinámicas grupais levou ao alumnado presente a reflexionar sobre o futuro académico, profesional e vital desde o optimismo.

Categorías
CEMV

O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV, organiza as xornadas “Convive xogando”

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais “Convive Xogando”, cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas.

Categorías
Educación Vigo

O Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo celebra a primeira sesión do curso escolar 2018-2019

Categorías
Educación Vigo

O Concello de Vigo concederá este ano 5.000 becas para comedor, libros e material escolar

Un total de 5.000 alumnos recibirán este ano becas municipais de comedor, libros e material escolar despois do visto e prace das bases da concesión por parte do Concello de Vigo. Abel Caballero anunciou este xoves en rolda de prensa que na nova convocatoria volverán a investir 1,2 millóns de euros.

“Desde que son alcalde ningún neno quedouse sen comedor, non hai lista de espera, antes había pouco máis de 1.000 becas e unha longa lista de espera”, sinalou o rexedor. Estas axudas son para Educación Infantil (2ª Etapa), Primaria e Secundaria. O Concello colabora con 70 comedores de centros públicos e privados concertados pese a que as competencias son autonómicas.

Categorías
Educación Vigo

IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Ao longo do período no que se organizan estas IX XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo a través dos mestres da Escola Municipal de Teatro, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Categorías
Educación Vigo

I Xornadas de Convivencia FOANPAS

Categorías
Educación Vigo

III Jornadas de atención a la diversidad de Surgapa

Categorías
Educación Vigo

O Pleno Infantil do Concello aborda o cambio climático no Día Internacional da Infancia

Categorías
Educación Vigo

O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro