Autor: admin
Actas do Pleno
A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa centrará os seus esforzos na mellora da convivencia escolar, como obxectivo estratéxico do que se derivan programas de integración, prevención e atención ao alumnado con problemáticas diversas, así como de promoción da participación da comunidade educativa, en aras dunha educación de calidade e inclusiva.
Pola súa banda, a Comisión de Equipamentos e de Planificación Educativa asumíu a dobre reto de promover medidas para actualizar o Mapa Escolar de Vigo, adecuándoo ás necesidades socioeducativas actuais, e de mellorar as infraestruturas dos centros públicos e privados da cidade.
Respecto deste último punto, presentouse unha proposta en relación coa situación do CEIP Altamar, aprobándose por maioría do Pleno un acordo polo que se insta, con carácter de urxencia:
– Á Xunta de Galicia, para que tome en consideración e execute no máis breve prazo posible, a oferta municipal de remodelación e ampliación en 1.200 m2 das actuais instalacións do CEIP Altamar na rúa Cesáreo González, de acordo co informe urbanístico presentado.
– Ao Concello de Vigo, a que realice as xestións oportunas para axilizar ao máximo a concesión dos permisos e licencias necesarias.
No cadro que se acompaña preséntanse os resultados acadados:
Nome |
Curso |
Centro |
Votos |
Mª Cristina De la Calle Rodríguez |
1º Bacharelato |
EPAPU Berbés |
8 |
Julia Fernández Casado |
1º Bacharelato |
IES do Castro |
7 |
Silvana Mª Moscoso Pérez |
Ciclo Formativo |
CPR Mendiño |
6 |
Adrián Hernández de la Fuente |
3º ESO |
CPR Mariano |
5 |
Cynthia B. Pereira Romero |
4º ESO |
CPR MªInmaculada |
5 |
Laura Álvarez Sío |
4º ESO |
IES R. Oriental Uruguay |
5 |
Benigno Bermúdez Parcero |
4º ESO |
CPR El Castro |
3 |
Carmen Misa Moreira |
2º ESO |
CPR Don Bosco |
3 |
Diego García Fernández |
4º ESO |
CPR Alborada |
3 |
Javier H. Rodríguez Alonso |
3º ESO |
CPR Quiñones de León |
2 |
Marta López Sorribas |
4º ESO |
CPR Don Bosco |
2 |
Paula García Rodríguez |
3º ESO |
CPR Alborada |
2 |
O martes 15 de xuño ás 18 horas, no salón de actos do Instituto Municipal de Educación (IME), está prevista unha xuntanza co alumnado candidato e as súas familias, á que asistirá a Concelleira de Educación e Presidenta do CEMV, Laura López Atrio.
Os obxectivos desta xuntanza son:
- Presentar públicamente os resultados do proceso electoral.
- Recoñecer e agradecer o interese amosado na participación no CEMV.
- Informar das funcións das/os representantes do alumnado no CEMV.
- Propoñer a conformación dun grupo de traballo cos/coas 12 alumnos/as candidatos/as.
Normativa Xeral
Constitúese o Pleno do CEMV
1. Benvida do Alcalde.
2. Constitución do Pleno do CEMV.
3. Informe da Presidenta.
4. Nomeamento do/a Vicepresidente/a do CEMV.
5. Elección dos membros das comisións de traballo e dos/as vogais da Comisión Permanente.
6. Propostas de actuacións para o CEMV.
7. Rolda de preguntas.
O CEMV inicia nova andadura
Dende a Concellería de Educación temos adquirido un compromiso coa promoción dunha Política Educativa de carácter transversal, innovador e de vangarda, que sitúe a educación na axenda política da cidade, implicando aos diferentes axentes sociais que participan do sistema educativo (familias, profesorado, alumnado, administración, movementos sociais, organizacións…), nun proxecto colectivo de educación e de cidadanía democrática.
Só a través dunha Política Educativa que potencie a participación é posible fomentar a cohesión-inclusión social, o sentimento de pertenza á cidade e o avance cara unha sociedade democrática.
Participar é poder facer uso de canles, espazos e medios que se arbitran para o encontro e o diálogo. Neste sentido, dende a Concellería de Educación queremos revitalizar o Consello Escolar Municipal de Vigo, que concibimos como un órgano privilexiado de participación da comunidade educativa na cidade.
Entre as iniciativas que se desenvolveron nesta liña, cómpre resaltar o novo Regulamento de organización e funcionamento do CEMV, no que a participación é o eixo clave, e a contratación dunha asistencia técnica que dé soporte ás funcións que ten encomendadas.
Apostamos por unha idea de participación que supere a visión institucionalizada da mesma, definida por un alto nivel de formalismo, por un carácter simbólico e por unha función lexitimadora. Pola contra, pretendemos unha participación que se organiza co protagonismo de todos os membros da comunidade educativa en todo o que lle afecta. Unha participación que supere as representacións corporativas. Unha participación que faga explícitos os valores de xustiza, democracia, solidariedade e autonomía dos suxeitos. Unha participación na que o formal actúa como garantía e non como cerimonia, traballando con criterios de eficacia e utilidade.
O proceso de eleccións establecido consta de tres fases:
- Información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
- Presentación de candidaturas do alumnado interesado: provisional e definitiva.
- Celebración de eleccións.
No cadro que se acompaña preséntanse as candidaturas definitivas do alumnado:
Nome Curso Centro
Javier Humberto Rodríguez Alonso 3º ESO CPR Quiñones de León
Carmen Misa Moreira 2º ESO CPR Don Bosco
Marta López Sorribas 4º ESO CPR Don Bosco