Categorías
Educación Vigo

IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Teatro escolar 2018Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.


Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ademais dos centros que participan nas representacións, tamén asistirán como público uns 650 alumnos e alumnas doutros oito colexios da cidade.

A xornadas preténdense recoñecer o labor creativo que se desenvolve nos centros de ensino, ademais de tender pontes de colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.

Ao longo do período no que se organizan estas IX XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo a través dos mestres da Escola Municipal de Teatro, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.