admin
-
Actas da Comisión Permanente
acta 21/06/2010acta 18/10/2010acta 14/12/2010acta 04/04/2011 Seguir lendo
-
Regulamento de Organización e Funcionamento do CEMV
O Regulamento de Organización e Funcionamento do CEMV foi aprobado o 25 de xaneiro de 2010. Seguir lendo
-
Acordos da sesión plenaria do 1 de xullo de 2010
O Consello Escolar Municipal de Vig, en sesión plenaria do 1 de xullo de 2010, aprobou instar ás administracións autonómica e municipal a adoptar un acordo con carácter de urxencia para solucionar a situación de falta de espazo e inadecuación á normativa do CEIP Altamar, apoiando a remodelación e ampliación das instalacións na súa ubicación… Seguir lendo
-
Resultados do proceso electoral do alumnado representante no CEMV
Rematou o proceso de eleccións do alumnado representante no Consello Escolar Municipal de Vigo, no que se estableceron tres fases: Campaña de información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións. Prazo de presentación de candidaturas do alumnado interesado. Celebración de eleccións mediante voto certificado. Seguir lendo
-
Normativa Xeral
Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación. Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (descarga PDF) Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación… Seguir lendo
-
Constitúese o Pleno do CEMV
O mércores 12 de maio de 2010 ás 19:00, en primeira convocatoria, terá lugar a sesión de constitución do Consello Escolar Municipal de Vigo, no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito no Camiño do Chouzo, nº 2, 36208, Vigo. Seguir lendo
-
O CEMV inicia nova andadura
O CEMV inicia unha nova etapa despois da aprobación do seu Regulamento de organización e funcionamento o 25 de xaneiro do presente ano, no que gaña protagonismo á participación como ferramenta fundamental para promover unha escola democrática nunha sociedade democrática. Seguir lendo
-
Publicación das candidaturas definitivas do alumnado do CEMV
Segundo o Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), aprobado o 25 de xaneiro de 2010, os catro alumnos e alumnas integrantes do CEMV serán elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares dos centros existentes no municipio (artigo 6). Seguir lendo

