Categorías
Educación Vigo

A Presidenta da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sae nunha entrevista en Atlántico Diario

Mª Carmen Lorenzo, presidenta da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa, do Cemv, concedeu unha entrevista a Atlántico Diario, onde fai un repaso dos encargos que ten dita comisión e analiza coa xornalista o Anteproxecto de Lei de Convivvencia e Participación da Comunidade Educativa.

http://www.atlantico.net/noticia/129829/plan/convivencia/vigo/

A nova do xornal céntrase na idea de crear o Plan de Convivencia para o curso que vén en Vigo. Mª Carmen fai un percorrido polos integrantes da Comisión que preside e comenta o proxecto de Boas Prácticas que temos en marcha desde principios de ano.