O Concello arranca co programa educativo “Vigo Historia: A Reconquista”

Segundo explicou Abel Caballero, o goberno vigués ofrece con esta iniciativa un itinerario didáctico guiado polos espazos da cidade con maior relación coa Reconquista, por exemplo, a Porta do Sol, a Praza da Constitución e a rúa Gamboa, entre outras. O alumnado fai o percorrido xunto con expertos caracterizados de época que lles narran os feitos históricos apoiados con materiais didácticos, paneis, obxectos e pezas sobre a Reconquista.