Categorías
Educación Vigo

O Concello de Vigo organiza unha Quedada Literaria con 800 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria


O Concello celebrou este martes unha Quedada Literaria no Pazo de Castrelos.  Nela participaron 800 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria pertencente a once centros educativos da cidade. Con esta actividade actividade a Concellería de Normalización Lingüística, a rede de bibliotecas escolares e a a Biblioteca Neira Vilas pretenden normalizar uso da lingua galega entre os máis pequenos a través da lectura. Nesta edición tivo especial presenza Carlos Casares, autor ao que se dedicou o Día das Galegas. Foi un día de festa no que non faltou a música a cargo do grupo Migallas.