admin
-
Caballero fixo entrega dos premios do Concurso de Pintura Vigolandia 2013
Máis de 1.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 14 colexios da cidade participaron neste certame baixo a temática "Un bonito sono no Nadal". O alcalde entregou os premios aos 13 galardoados no Concurso, onde destacou a participación do Colexio Apóstol (con 470 debuxos) e do Colexio de Educación… Seguir lendo
-
O que falas, fala de ti. A linguaxe na convivencia
A linguaxe e as formas de comunicación determinan o clima social e a convivencia. A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) convida a tódolos centros educativos do Concello de Vigo a participar no programa O que falas, fala de ti, que pretende destacar a importancia da linguaxe nas relacións… Seguir lendo
-
Inscrición no programa “O que falas, fala de ti”
Os centros interesados en participar no programa "O que falas, fala de ti" deben encher o seguinte formulario antes do 5 de novembro. O día 6 de novembro celebrarase unha xuntanza informativa no IME con todos os coordinadores de actividades. ir ao formulario de inscrición Seguir lendo
-
O Concello apoia unha iniciativa de Fundación Telefónica para desenvolver un proxecto TIC con todos os institutos de Vigo
O alcalde de Vigo, acompañado polo director de Fundación Telefónica, Joan Cruz, mantivo un encontro con directores de institutos vigueses para presentarlles un proxecto de novas tecnoloxías. O Think Big schools forma a mozos de 16 e 17 anos no deseño, creación e posta en marcha de empresas dixitais. Seguir lendo
-
Santos Héctor presidente do CEMV
Santos Héctor, como Concelleiro de Educación, pasa a ostentar o cargo de Presidente do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Hoxe 19 de setembro, preside por primeira vez a xuntanza da Comisión Permanente do órgano colexiado. Seguir lendo
-
O Concello de Vigo destina máis de 1,5 millóns para conceder 5.000 bolsas de libros e comedor escolar
A falta dos datos definitivos, Abel Caballero adiantou hoxe mércores que o Concello de Vigo concederá en torno a 5.000 bolsas para libros e comedor escolar. Para facer fronte á demanda, o goberno de Vigo dedica no orzamento de 2013 máis de 1,5 millóns de euros para este tipo de achegas e apoio á educación,… Seguir lendo
-
O Concello oferta 5.000 prazas en 26 modalidades deportivas para os escolares de Vigo
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a semana pasada o Programa Municipal de Escolas Deportivas deste curso, un total de 5.000 prazas en 26 opcións deportivas distintas para os nados entre 1997 e 2007. O Programa Municipal de Escolas Deportivas, organizado e coordinado polo Concello de Vigo e o… Seguir lendo
-
Calendario escolar 2013/2014
Achégase a Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.Descargar calendario Lembrade que as actividades lectivas inician nas seguintes datas:- 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria: día 11 de setembro… Seguir lendo
-
Preinscrición para o curso 2013-2014 das Escolas Municipais de Música e Artes
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2013-2014 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes (EMMA): Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), Escola Municipal de Teatro (EMT), Escola Municipal de Danza (EMD) e Escola Municipal… Seguir lendo
-
Actividades de fin de curso das Escolas Municipais de Música e Artes
A Concellería de Educación oferta actividades no ámbito da música e das artes escénicas mediante o desenvolvemento da programación educativa anual das súas escolas municipais (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música tradicional e folk -E-TRAD-, Escola municipal de teatro -EMT-, Escola municipal de danza -EMD-). Unha vez rematado o presente… Seguir lendo