Categorías
Educación Vigo

Sae o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa.

O novo ano trae novas normativas para a educación galega. O día 4 de xaneiro de 2011 presentouse o anteproxecto de Lei da Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. O prazo para as achegas e aportacións a dito documento remata o 18 deste mes, polo que sería interesante botarlle unha ollada e poder ter a oportunidade de opinar ao respecto, que seguro que algo temos que dicir.

Dentro do Cemv, unhas das Comisións de Traballo -a Pedagóxica e de Innovación Educativa- precisamente anda na procura de material sobre este tema, polo que a lectura do anteproxecto lles servirá para configurar unha idea do que se está a modelar en canto a convivencia e participación, dous temas que esta comisión ten como piares da mesma.

Podedes atopar máis información e opinións nestes enlaces: