Categorías
Educación Vigo

I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia

O próximo día 24 de marzo de 2011 terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela a "I Xornada Técnica sobre concellos e educación", organizada polo Grupo de Traballo "Concellos e Educación" de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración da FEGAMP.
Sería de interese que asistan a esta Xornada, na que se abordarán temas con problemática común dos nosos concellos, os/as responsables políticos de educación do seu Concello así como os/as técnicos desta área, persoal técnico das Escolas Infantís Municipais e Escolas Municipais de Música.
Achégase o programa da Xornada e o boletín de inscrición a fin de que poida ser cumprimentado e remitido á Secretaría Técnica, por mail (dptoeducacion@santiagodecompostela.org) ou por fax (981 571511).
Máis información nos documentos relacionados.