Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo pon en marcha a “Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE”

“Contarte 2011 – Mes da Arte e a Literatura Infantil” programa a súa conferencia inaugural “Qontextos: a realidade no álbum ilustrado” a cargo do ilustrador Chené Gómez, director da ONGD Creart e de Eva Mejuto de OQO Editora, o mércores 23 de marzo ás 19,30 hs. no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (I.M.E.), sito no Camiño do Chouzo nº 2.
Está previsto que dende o 24 de marzo ata o 29 de abril, conmemorando o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” (2 de abril) participen máis de 2.500 alumnos/as vigueses de educación primaria de 34 centros escolares, a través da dinamización de dous obradorios especialmente pensados para o seu uso didáctico e das actividades programadas no I.M.E.
“Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE 2011” en cifras:
  • 34 centros de ensino participantes e 2.500 escolares de educación primaria (6-12 anos).
  • 132 sesións dos obradoiros plástico-literarios “Paxariños de la e follas secas!” e “Historias de cartón”.
  • Achega e dinamización de 544 libros en 34 lotes bibliográficos ás bibliotecas escolares.
  • Conferencia inaugural “Qontextos: a realidade no álbun ilustrado” o mércores 23 de marzo ás 19,30 hs no Salón de Actos do IME (asistencia gratuíta e aberta ata completar aforo).
  • Exposición permanente no IME “Qontextos: a creatividade infantil no conflito bélico” dende o 24 de marzo ao 29 de abril.
Máis información no sitio web municipal en http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_lectura.php?lang=gal