Categorías
CEMV

Candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade.

Dentro deste proceso de renovación, é preceptivo nomear catro alumnos/as que serán elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares dos centros existentes no municipio (artigo 6).

O proceso de eleccións establecido consta de tres fases:
– Información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
– Presentación de candidaturas do alumnado interesado: provisional e definitiva.
– Celebración de eleccións.

No cadro que se acompaña preséntanse as candidaturas provisionais do alumnado, establecéndose un prazo ata o 19 de febreiro para presentar reclamacións, enviando un correo electrónico a cemv@vigo.org, indicando os datos de contacto.

NOME APELIDOS CURSO NOME DO CENTRO
Clara Duan Arregui Legerén 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Jakob Benjamín Cabaleiro Althoff 2ºESO CPR Plurilingüe Labor
Joel Covelo Gallego 3ºESO IES Carlos Casares
Daniel Groba Losada 2ºESO CPR Quiñones de León
Lorena Lemos Suárez 4ºESO CPR Maristas
Zerihum Luis Feijoo 3ºESO CPR Martín Codax
Pablo Joel Ocampo Pérez 3ºESO CPR Amor de Dios
Sergio Pico González 3ºESO IES Castelao
Daniela Pousada Calderón 3ºESO CPR Amor de Dios
Egoitz Rivas Ibarretxe 4ºESO IES Rosais 2
Javier Rodríguez Aguilar 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Erea Soto Díaz 2ºBACH IES A Guía

Transcorrido o prazo, enviaránselle aos representantes de alumnos e alumnas dos consellos escolares dos centros de secundaria da cidade de Vigo as papeletas para a votación. Para exercer o voto, deberán cumprimentar a papeleta, selala e entregala na Dirección dos seus centros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *