Categorías
CEMV

Resultados do proceso electoral do alumnado representante no CEMV

Tras o parón na actividade no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) causado pola situación de emerxencia sanitaria, rematouse agora o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo.

Categorías
CEMV

Candidaturas definitivas de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 9 de marzo, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino.

NOME APELIDOS CURSO NOME DO CENTRO
Clara Duan Arregui Legerén 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Jakob Benjamín Cabaleiro Althoff 2ºESO CPR Plurilingüe Labor
Joel Covelo Gallego 3ºESO IES Carlos Casares
Daniel Groba Losada 2ºESO CPR Quiñones de León
Lorena Lemos Suárez 4ºESO CPR Maristas
Zerihum Luis Feijoo 3ºESO CPR Martín Codax
Pablo Joel Ocampo Pérez 3ºESO CPR Amor de Dios
Sergio Pico González 3ºESO IES Castelao
Daniela Pousada Calderón 3ºESO CPR Amor de Dios
Egoitz Rivas Ibarretxe 4ºESO IES Rosais 2
Javier Rodríguez Aguilar 3ºESO CPR Padre Míguez Calasancias
Erea Soto Díaz 2ºBACH IES A Guía

Categorías
CEMV

Candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo

Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade.