O Concello de Vigo a través do seu Consello Escolar Municipal CEMV, fai un recoñecemento ás figuras de Constancio Veiga e Jose Mª García Picher

Onte, 30 de maio de 2013, a petición do Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), celebrouse no Instituto Municipal de Educación un emotivo acto para homenaxear ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.
Ao acto estivo presidido polo actual Concelleiro de Educación, Santos Hector, e pola exconcelleira Olga Alonso. Os dous eloxiaron a gran traxectoria profesional e a inmensa calidade humana dos dous homenaxeados, e fixeron referencia á importante pegada que estes deixaron na cidade de Vigo. No acto estiveron presentes as familias dos homenaxeados, que recibiron sendos documentos escritos por representantes do CEMV no momento que se acordou facer este recoñecemento.