Categorías
Educación Vigo

O Concello celebrou o Día Mundial das zonas húmidas cun programa de actividades con escolares

Concello de Vigo Día Mundial das zonas húmidas O Concello de Vigo leva realizado no último lustro un traballo exhaustivo de catalogación das diversas zonas húmidas dispoñibles no termo municipal, así como accións de protección e de dar a coñecer aos vigueses e viguesas da riqueza existente nas mesmas.

Tal e como se recolle no póster que acompaña esta noticia, que se distribuirá nos actos previstos, 7 son os humedais máis destacados, dos cales 6 son de auga doce en terreos públicos (A Bouza, Goberna, Muíños e Barreiro) e en terreos privados (O Vao e Fontes-Pertegueiras), e 1 de auga salobre (Xunqueira do Lagares). En total 314.000 m2, cunha biodiversidade en termos de flora e fauna digna de consideración. 


Para a celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas, a Concellería de Medio Ambiente adoptou o lema internacional de "As zonas húmidas coidan da auga" e con tal motivo vaise desenvolveuse un programa de actividades durante a mañá do día de hoxe con centros educativos que o ano pasado participaron nas actividades. A actividade tivo lugar simultaneamente na Bouza, en Muiños-Goberna e en Barreiros e participaron 250 escolares. 

Ao mesmo tempo está previsto distribuír material pedagóxico entre os escolares de primaria para o seu traballo nas aulas. Consiste nun antifaz decorado a partir dunha libélula ou cabaliño do demo, que contén moitos dos animais que se poden atopar nunha zona húmida. Nos vindeiros meses daráselle continuidade á actuación de divulgación das zonas húmidas nos centros educativos, aproveitando períodos climatolóxicos máis benignos.