Sen categorizar
-
RESULTADOS DO PROCESO ELECTORAL DO ALUMNADO REPRESENTANTE NO CEMV (ANO 2024)
O pasado martes 18 de xuño de 2024 procedeuse ao reconto de votos que culmina o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estiveron convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo. A seguir, móstrase o nome dos catro candidatos… Seguir lendo
-
Candidaturas definitivas de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo
No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 3 de xuño, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de… Seguir lendo
-
Candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Vigo
Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade. Dentro deste proceso de renovación, é… Seguir lendo
-
Presentación sobre autoorientación académica e profesional a cargo de Daniel Veiga
Daniel Veiga Martínez foi un dos convidados que participou nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar organizadas polo CEMV. Exerce o seu traballo de orientador educativo desde 1994, labor que desempeña actualmente no IES García Barbón de Verín. Ten unha ampla traxectoria ademais en TIC aplicadas á orientación educativa, sendo pioneiro no uso do blog na orientación educativa, desde o ano… Seguir lendo
-
Xornadas Municipais de Orientación Escolar
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza unhas xornadas de orientación e asesoramento educativo para estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que empezan a ter que tomar decisións sobre o seu futuro académico. A cita será o luns 13 de xuño no Auditorio Mar de Vigo desde as 10:00h ás 12:30h.… Seguir lendo