Boas Prácticas en prol da Convivencia Escolar.

Que é unha Boa Práctica en prol da Convivencia Escolar?

En educación, unha boa práctica en relación á convivencia é unha iniciativa, unha política ou un modelo de actuación exitoso que mellora, ao cabo, os procesos escolares e os resultados educativos do alumnado, do profesorado e de toda a comunidade educativa en xeral.

O carácter innovador dunha boa práctica complétase coa súa efectividade. Neste contexto, a innovación educativa vai moito máis alá da mera produción de novidade; debe demostrar a súa eficacia e replicabilidade. Só en tales condicións unha "práctica boa" se converte nunha "Boa Práctica".

Cales son os trazos característicos dunha Boa Práctica?

De acordo coa UNESCO e a Comunidade internacional, as Boas Prácticas han de ser:

– Innovadoras
, desenvolven solucións novas ou creativas.
– Efectivas, demostran un impacto positivo e tanxible sobre a mellora.
– Sostibles, polas súas esixencias sociais, económicas e ambientais poden manterse no tempo e producir efectos duradeiros.
– Replicables, serven como modelo para desenvolver políticas, iniciativas e actuacións noutros lugares.

Por que é importante identificar, reunir e difundir as Boas Prácticas?

Entre as diferentes razóns, cabe destacar as seguintes:

– Permite aprender dos/as outros/as.
– Facilita e promove solucións innovadoras, exitosas e sostibles a problemas compartidos.
– Permite tender pontes entre as solucións empíricas efectivas, a investigación e as políticas.
– Proporciona orientacións excelentes para o desenvolvemento de iniciativas novas e a definición das políticas.

(parte deste texto é unha adaptación da páxina web do Consello Escolar da Comunidade de Madrid)