Acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal de Vigo na primeira xuntanza do 2013

1. Aprobar a moción sobre a LOMCE presentada pola Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (13 votos fronte a 2 en contra). Con esta moción, o Pleno do Órgano Colexiado rexeita por completo o Anteproxecto de Lei, LOMCE, xa que entre outras cousas supón: O reforzo das atribucións do goberno central e a redución de competencias das Comunidades Autónomas. A perda do carácter representativo e decisorio dos Consellos Escolares, como únicos órganos que poñen en contacto aos diferentes actores sociais da totalidade da Comunidade Educativa dun Concello/Escola/Instituto, etc. A volta ao protagonismo educativo das reválidas. A consideración da calidade educativa como empregabilidade, non tendo en conta o necesario para chegar á calidade, destacando o aumento de inversión de diñeiro público no ensino privado. A valoración da competitividade fronte á solidariedade. Non defende unha educación integral da persoa. Esquece o diagnóstico previo do alumnado e o seu desenvolvemento persoal en destrezas emocionais, sociais, artísticas e en capacidade crítica.