O prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo as solicitudes a esta convocatoria conforme aos modelos oficiais que se inclúen nas Bases reguladoras, será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).
Dado que o extracto da convocatoria se publicou o mércores 01/03/17 no BOP, o prazo para a presentación de solicitudes é do xoves 02 ao mércores 15 de marzo de 2017, ambos os dous inclusive.
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202)
As bases, impresos de solicitude e anexos para participar na convocatoria atópanse na oficina do Programa Vigo en Inglés (Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)) ou pódense descargar a través da Web: www.vigoeningles.org
Para máis información ou formular calquera consulta debe dirixirse a:
Oficina Programa Vigo en Inglés (Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)
E-mail: vigoeningles@vigo.org
Teléfono: 986 810181