Categorías
II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA de FOANPAS
A federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), organiza as ″II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA″ que terán lugar o próximo 5 de abril no Auditorio do Concello de Vigo. Nelas tratarán as necesidades educativas especiais e diferentes estratexias para afrontalas, sempre coa inclusión e a convivencia como marco.
Máis información sobre as xornadas e inscricións no 986298812. Achegamos o cartel e o díptico exterior e interior con toda a información.