Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán.

O primerio obradorio “SEGURIDADE ESCÉNICA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 27 de Xuño e o 1 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro consiste no uso da técnica corporal na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.

O segundo obradoiro “CREATIVIDADE CORPORAL” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 4 e o 8 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro ten como obxectivo capacitar ó alumnado a recoñecer a creación da personaxe desde o corpóreo, poñer en práctica escénica as ferramentas de creación actoral a partires da metodoloxía do traballo corporal, desenvolver as capacidades creativas do propio corpo e adaptar a creatividade corporal á creatividade escénica.

O terceiro e último obradoiro “CREACIÓN COLECTIVA NA ESCENA” de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 11 e o 15 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00h. O obradoiro vai orientado ó proceso de creación desde a idea ata a posta en escena, baseándonos na colectividade como esencia da arte teatral; na voz, o corpo e as singularidades da personalidade dos actores/ bailaríns, é dicir da presenza anterior á escena deste.