O Concello lanza unha campaña didáctica de reciclaxe para 3.600 escolares de Primaria

O goberno local promove o fomento da reciclaxe entre 3.595 alumnos de 2º a 4º de Primaria cunha unidade móbil que percorre os 43 colexios públicos de Vigo desde o pasado 14 de xaneiro e ata mediados de marzo. A campaña forma aos máis pequenos nas nocións básicas da reciclaxe mediante un videoxogo didáctico. 
O alcalde visitou este mércores o CEIP Chans de Bembrive, onde estaba localizada a unidade móbil desta campaña, que procura "concienciar" aos nenos e nenas da "importancia da reciclaxe". O vehículo percorre os 43 colexios públicos de Vigo cunha pantalla na que os rapaces poderán amosar os seus coñecementos de reciclaxe mediante un videoxogo, despois de recibir unhas nocións básicas.                                          
Abel Caballero, durante a súa intervención ante os medios de comunicación, asegurou que "en Vigo a cultura da reciclaxe calou e funciona" e, con iniciativas como esta, o Concello procura "manter a conciencia colectiva en torno á importancia da reciclaxe".    

Calendario escolar 2014-2015


Achégase a Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar
 Lembrade que as actividades lectivas inician nas seguintes datas:

– 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria: día 10 de setembro de 2014

– Educación secundaria obrigatoria, bacharelato,  formación profesional e ensinanzas de réxime especial: día 15 de setembro de 2014 

Bases reguladoras e convocatoria do programa “Vigo en inglés 2014”

Vigo en Inglés

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 16 de maio de 2014 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Ingles", para o ano 2014, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos".

O prazo para a presentación de solicitudes é do 26 de maio ao 06 de xuño de 2014, ambos inclusive.
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202)

As bases, impresos de solicitude e anexos para participar na convocatoria atópanse na oficina do Programa Vigo en Inglés (Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)) ou pódense descargar a través da Web: www.vigoeningles.org

Para máis información ou formular calquera consulta debe dirixirse a:
Oficina Programa Vigo en Inglés ( Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)
E-mail: vigoeningles@vigo.org
Teléfonos: 986 810181
Fax: 986 221726

II Xornadas de Convivencia Escolar do CEMV

Cartel II Xornadas Convivenvia CEMV Vigo  

O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV,  presenta as II Xornadas de Convivencia Escolar que se celebrarán na Escola Superior de Arte Dramática (Camiño Poza Cabalo s/n) o 9 e 10 de maio.

Co lema O que falas, fala de ti, esta edición céntrase na linguaxe, na mellora da comunicación, coa idea de que este debe ser o obxectivo prioritario do sistema educativo e da sociedade, xa que incidindo na mellora da comunicación mellóranse as relacións sociais e os valores de convivencia.

Esta iniciativa didáctico-formativa está dirixida a tódolos membros da comunidade educativa (pais e nais, alumnos/as, mestres/as, directores/as, orientadores/as, pedagogos/as, etc.)

Achegamos o díptico onde poderán consultar o programa así coma o cartel desta actividade. A participación nas xornadas é de balde, sendo precisa a inscrición previa debido á existencia de un aforo máximo de 125 persoas. O prazo de inscrición nas xornadas será do 21 de abril ao 6 de maio. Para incribirse prema neste enlace.

Para máis información  poden contactar por correo electrónico a través da dirección cemv@vigo.org.  

Concurso “Gústame o galego nos centros de ensino”

gustame o galego nos centros de ensino O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo colaboran no concurso "Gústame o galego nos centros de ensino" no que se propón ás e aos estudantes de todos os niveis educativos da cidade e ao alumnado da UVigo que manden microrrelatos, vídeos de rap, contos ilustrados, bandas deseñadas, carteis, viñetas…

As propostas seleccionadas por cada centro para competir na fase final deben ser enviadas entre o 17 de marzo e o 28 de abril. 

Máis info: www.gustame.gl
   

II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA de FOANPAS

II Xornadas Inclusión Foanpas

A federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), organiza as ″II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA″ que terán lugar o próximo 5 de abril no Auditorio do Concello de Vigo. Nelas tratarán as    necesidades educativas especiais e diferentes estratexias para afrontalas, sempre coa inclusión e a convivencia como marco.


   Máis información sobre as xornadas e inscricións no 986298812. Achegamos o cartel e o díptico exterior e interior con toda a información.    

2.000 alumnos de primaria achéganse á historia de Vigo cunha exposición sobre a Reconquista

Expo reconquista 2014
O pasado mércores 26 de febrero, o alcalde de Vigo acudiu ao Museo Verbum, en Samil, onde 100 escolares de quinto e sexto de Primaria, procedentes dos centros de San Salvador e Emilia Pardo Bazán, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo dos meses de marzo e abril serán 2.000 os alumnos que disfruten desta actividade. 

O alcalde Caballero augurou un "gran éxito" da mostra didáctica disposta polo Concello de Vigo no Museo Verbum sobre a Reconquista da cidade, unha exposición que "xa foi un éxito na pasada edición". 

"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta etapa tan importante da historia local e de indubidable interese para a comunidade educativa.    

Caballero fixo entrega dos premios do Concurso de Pintura Vigolandia 2013

Pintura Vigolandia 2013


Máis de 1.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 14 colexios da cidade participaron neste certame baixo a temática "Un bonito sono no Nadal". O alcalde entregou os premios aos 13 galardoados no Concurso, onde destacou a participación do Colexio Apóstol (con 470 debuxos) e do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo (cunha alumna entre os premiados).

O que falas, fala de ti. A linguaxe na convivencia

O que falas, fala de ti

A linguaxe e as formas de comunicación determinan o clima social e a convivencia.  A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) convida a tódolos centros educativos do Concello de Vigo a participar no programa O que falas, fala de ti, que pretende destacar a importancia da linguaxe nas relacións co entorno. A través deste programa preténdese recoller as boas prácticas  se están levando a cabo nos centros educativos do Concello de Vigo así como fomentar que se desenvolvan novas iniciativas.
 No díptico que se achega atoparán toda a información referente ao programa e á forma na que poden participar.

 Descargar díptico

 Formulario de inscrición