Acordos da sesión plenaria do 1 de xullo de 2010

O Consello Escolar Municipal de Vig, en sesión plenaria do 1 de xullo de 2010,  aprobou instar ás administracións autonómica e municipal a adoptar un acordo con carácter de urxencia para solucionar a situación de falta de espazo e inadecuación á normativa do CEIP Altamar, apoiando a remodelación e ampliación das instalacións na súa ubicación actual.

Resultados do proceso electoral do alumnado representante no CEMV

Rematou o proceso de eleccións do alumnado representante no Consello Escolar Municipal de Vigo, no que se estableceron tres fases:

  • Campaña de información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
  • Prazo de presentación de candidaturas do alumnado interesado.
  • Celebración de eleccións mediante voto certificado.

Normativa Xeral

 

O CEMV inicia nova andadura

O CEMV inicia unha nova etapa despois da aprobación do seu Regulamento de organización e funcionamento o 25 de xaneiro do presente ano, no que gaña protagonismo á participación como ferramenta fundamental para promover unha escola democrática nunha sociedade democrática.

Publicación das candidaturas definitivas do alumnado do CEMV

Segundo o Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), aprobado o 25 de xaneiro de 2010, os catro alumnos e alumnas integrantes do CEMV serán elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares dos centros existentes no municipio (artigo 6).

Política de protección de datos

En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica de Protección de Datos, que regula o dereito de información na recollida de datos, infórmase ás persoas interesadas que os datos persoais solicitados neste formulario son incorporados e tratados nun arquivo automatizado. Vostede poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose á Concellería de Educación do Concello de Vigo, onde lle indicarán o procedemento a seguir.

Orientación Educativa

 

  • Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de agosto de 1997).
  • Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE do 3 de decembro de 2003).
  • Real Decreto 943/2003, de 18 de xullo, polo que se regulan as condicións para flexibilizar a duración dos diversos niveis e etapas do sistema educativo para os alumnos superdotados intelectualmente (BOE do 31 de xullo de 2003).
  • Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais.
  • Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (descarga PDF)
  • Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral.
  • Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibiliza-la duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual.
  • Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización.
  • Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.
  • Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.
  • Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro (DOG do 26/02/2004).
  • Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23/05/2008).
  • Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (DOG do 21/08/2007).
  • Resolución do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se ditan instruccións para os departamentos de orientación dos centros de educación especial (DOG do 04/01/2005).
  • Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia.

 

Formación Profesional

 

  • Real Decreto 1538/2006, de 15 de diciembre, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo (BOE do 3 de xaneiro de 2007) (descarga PDF)
  • Orde do 4 de decembro de 2003 pola que se regula o funcionamento e a oferta formativa dos centros integrados de formación profesional dependentes da consellería de educación e ordenación universitaria e da consellería de asuntos sociais, emprego e relacións laborais (descarga PDF)
  • Orde do 12 de abril do 2002 pola que se regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 29 de abril de 2002) (descarga PDF)
  • Resolución do 23 de abril do 2004 pola que se ditan instrucións sobre o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos (Correccións DOG do 12/5/4 e DOG do 24/5/4) (descarga PDF).

Educación de Adultos

 

  • Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos (DOG do 6 de agosto de 1992) (descarga PDF)
  • Decreto 11/1993, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estructura, organización e funcionamento do consello galego de educación e promoción de adultos (DOG do 4 de febreiro de 1993) (descarga PDF)
  • Decreto 126 /1998, do 23 de abril, polo que se modifica o decreto 11/1993, do 28 de xaneiro polo que se fixa a estructura, organización e funcionamento do consello galego de educación e promoción de adultos (descarga PDF)
  • Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros (descarga PDF)