Categorías
Educación Vigo

O Ministro de Educación visita Vigo.

O Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, trasladouse á cidade de Vigo, o luns 29 de novembro de 2010, para participar en diversos actos que tiñan programados: ás 11:30h visitou o Colexio de Educación Infantil e Primaria Doutor FLeming; á 1 da tarde, visitou o Concello, onde se reuniu co Alcalde, Abel Caballero e a corporación municipal; ás 17:00 h reuniuse co rector e o equipo de Goberno da Universidade de Vigo onde falaron do Campus de Excelencia Internacional Campus Vida; e por último, ás 19:30 h participou nun encontro con familias e profesorado de colexios de Vigo, no Centro Social Caixanova.

O Ministro encomiou o carácter da cidade viguesa como "a dinámica emprendedora e productiva" e apostou por "non facer discursos de lamento". Así mesmo, desde o Cemv, e por orde da Presidenta, fíxose chegar o Saúda do alcalde, para que todos e todas puidesen acudir á cita co ministro. O acto estivo completo, e o ministro respondeu ás preguntas que se lle fixeron.