Categorías
Educación Vigo

O Consello de Coordinación Pedagóxica, de Barcelona. Un exemplo a seguir!


O Consello de Coordinación Pedagóxica, impulsado polo Institut Municipal d´Educació de Barcelona, reúne institucións e entidades cidadás que ofrecen actividades para escolares.


Empezou as súas actividades no curso 1988-1989, inicialmente con encontros de técnicos/as representantes de áreas do Ajuntament de Barcelona, que ofrecían actividades á comunidade escolar da cidade,e foi reciñecido institucionalemente mediante o Decreto de Alcaldía do 26 de febreiro de 1991.
Este Consello creouse coa vontade do Concello de Barcelona de coordinar as entidades e institucións cidadás que ofrecer actividades educativas ás escolas, co fin de optimizar a cidade como axente educativo e ampliar as posibilidades que os nenos e nenas teñen de aprender dela. Desde a data da súa creación, o número de entidades deste Consello coa incorporación de institucións públicas, fundacións, padroados, Ong´s e empresas, e o de actividades ofrecidas por elas foron aumentando constantemente.

http://www.bcn.cat/imeb/ccp/cast/que_es.html

Imaxinades algo así para Vigo? Pois, mans á obra e ánimo!