Categorías
CEMV

O Concello de Vigo a través do seu Consello Escolar Municipal CEMV, fai un recoñecemento ás figuras de Constancio Veiga e Jose Mª García Picher

O Concello de Vigo a través do seu Consello Escolar Municipal CEMV, fai un recoñecemento ás figuras de Constancio Veiga e Jose Mª García Picher

Onte, 30 de maio de 2013, a petición do Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), celebrouse no Instituto Municipal de Educación un emotivo acto para homenaxear ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.

Ao acto estivo presidido polo actual Concelleiro de Educación, Santos Hector, e pola exconcelleira Olga Alonso. Os dous eloxiaron a gran traxectoria profesional e a inmensa calidade humana dos dous homenaxeados, e fixeron referencia á importante pegada que estes deixaron na cidade de Vigo. No acto estiveron presentes as familias dos homenaxeados, que recibiron sendos documentos escritos por representantes do CEMV no momento que se acordou facer este recoñecemento. 

Olga Alonso deu  lectura ás palabras escritas por  Xose Manuel Pena, secretario de Foanpas e membro do CEMV no 2011,  quen escribiu sobre Jose Mª García Picher que "nos agasallou coa súa presenza e o seu traballo nos centros de ensino e da administración da cidade ó longo da súa vida, e deixou en todos unha grande pegada na que se recoñece a súa innata labor de mestre , tanto do ensino coma da vida de tantos  vigueses e a xenerosidade coa que se entregou a tal fin. García Picher non só soubo dar grandeza a cidade de Vigo co seu traballo, senon que ademáis soubo realmente dar significado á palabra MESTRE".
Bertila Alonso, como representante de FOANPAS, entregou ás familias un agasallo en nome das nais e pais do Concello e  dedicoulle unhas sentidas palabras a quen foi o seu mestre na montaña, Constancio Veiga, "gustaríame dicir que hoxe as montañas se visten de gala porque chega Constancio, e non se escoitará o silencio senón as melodías do tintineo das clavixas e mosquetóns e o murmurio do seu camiñar.Grazas mestre, ata sempre"