Estes equipamentos municipais pretenden ofrecer á cidadanía un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente:
- educativa, entendida como unha prestación que nace do dereito do/a neno/a á educación nun ambiente axeitado ás súas necesidades. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.
 - asistencial, xa que ao mesmo tempo pretende ofrecer un servizo de carácter social ás familias traballadoras do municipio, mediante horarios que permitan a correcta conciliación da vida familiar e laboral.
 
Son obxectivos específicos da EIM:
- proporcionar ás/os nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, nacionalidade, sexo, relixión, lingua ou condición social
 - fomentar a educación baseada nos principios e valores de tolerancia, solidariedade, igualdade, coeducación, cooperación e respecto aos demais e ao contorno
 - facilitar a integración progresiva dos/as nenos/as na súa cultura e no seu medio
 - prestar especial atención á diversidade dos/as nenos/as, respetanto as diferenzas físicas, intelectuais ou culturais que existen entre eles/as facilitando a súa integración
 - servir de reforzo e apoio ás familias traballadoras da cidade co fin de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar.
 
Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes:
- que a/o nenas/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido no momento de presentar a solicitude
 - ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2011
 
As escolas teñen un horario contínuo de 07'30 h. ás 20'00 horas. E ao longo do mesmo, os/as nenos/as permanecerán un mínimo de 4 horas. e un máximo de 8 horas.
As/os interesadas/os poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que poder ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM ou ser descargado na páxina web municipal:

