Educación Secundaria

 

Secundaria obrigatoria:

  • Real Decreto 1631/2006, de 29 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas correspondientes a la educación secundaria obligatoria (descarga PDF)
  • Orden ECI/2572/2007, de 4 de septiembre, sobre evaluación en educación secundaria obligatoria (descarga PDF)
  • Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE do 17/06/2009).
  • Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 09/08/96).
  • Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 13/07/07).
  • Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG do 02/09/97).
  • Orde do 1 de xullo de 2002 pola que se adapta o disposto na Orde do 19 de xuño de 1996, pola que se regula a implantación da educación secundaria obrigatoria, ó Decreto 233/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 31/07/2002).
  • Orde do 25 de agosto de 2003 (DOG do 15 de setembro) pola que se dictan instruccións para a aplicación na educación secundaria obrigatoria do establecido na disposición adicional primeira do Real Decreto 827/2003, do 27 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación. Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12/09/07).
  • Corrección de erros.-Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 24/09/2007).
  • Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 07/01/2008).
  • Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23/05/2008).
  • Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 24/06/2008).
  • Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

 

Bacharelato:

  • Real Decreto 1467/2007, de 2 de noviembre, por el que se establece la estructura del bachillerato y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE do 06/11/2007) (descarga PDF)
  • Corrección de errores del Real Decreto 1467/2007, de 2 de noviembre, por el que se establece la estructura del bachillerato y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE do 07/11/07) (descarga PDF)
  • Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 09/08/96).
  • Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23/06/2008)
  • Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE do 17/06/2009).
  • Orde do 1 de marzo de 1995 pola que se regula a avaliación e a cualificación dos alumnos e das alumnas que cursan o bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG do 9/05/1995).
  • Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG do 02/09/97).
  • Orde do 29 de maio de 2008 pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa nova ordenación establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 04/06/2008; Corrección de erros no DOG do 20/06/2008).
  • Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27/06/2008)
  • Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG do 27/06/2008).
  • Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 1/07/2009).
  • Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 29/09/2008).

 

Educación Infantil e Primaria

 

  • Real Decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil (descarga PDF)
  • Real Decreto 1513/2006, de 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da educación primaria (descarga PDF)
  • Orden ECI/2571/2007, de 4 de septiembre, de avaliación en educación primaria (descarga PDF)
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21/10/96) (descarga PDF)
  • Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 09/07/2007) (descarga PDF)
  • Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23/06/2009) (descarga PDF)
  • Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 02/09/97) (descarga PDF)
  • Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 10/07/2009) (descarga PDF)
  • Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 30/11/07)

Consellos Escolares

 

  • Lei 3/1986, do 18 de decembro, de de consellos escolares de Galicia (descarga PDF)
  • Decreto 444/1998, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de galicia, os consellos escolares territoriais e municipais (descarga PDF)
  • Aprobación do regulamento do CEMV, BOP, mércores, 24 de febreiro de 2010 (descargar PDF)
  • Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia (descarga PDF)

Órganos

O CEMV funciona en Pleno, Comisión Permanente e Comisións de Traballo, constituíndo os órganos colexiados de participación.

  • O Pleno é o órgano supremo de decisión e formación da vontade do CEMV. Está integrado por todos os/as conselleiros/as, baixo a dirección do/a presidente/a e asistido polo secretario/a.
  • A Comisión Permanente é a unidade básica de xestión do CEMV, a quen corresponde a recepción e tramitación dos asuntos, preparando e facilitando as xuntanzas do Pleno, e exercendo de instancia intermedia entre este e as outras comisións. Son membros desta Comisión: os tres órganos unipersoais, os/as presidentes/as de cada unha das comisións de traballo existentes, e un/unha vogal de cada un dos tres sectores do CEMV.
  • As Comisións de Traballo son órganos especializados para o estudo e análise dos asuntos específicos que lles correspondan. Cada unha de elas está integrada por tres membros, representando cada un ao sector docente, usuarios/as do Sistema Educativo, e sector social. Na actualidade están constituídas dúas comisións de traballo:
    • Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa.
    • Comisión de Equipamentos e de Planificación Educativa.
  • O alumnado tamén ten o seu papel no Cemv, podendo formar parte do Pleno do Cemv. Existe un grupo de apoio entre o estudantado máis votado nas eleccións para o Cemv.

Competencias

1. Función consultiva:

O Consello Escolar Municipal de Vigo, de conformidade coa normativa aplicable, ha de ser consultado preceptivamente polo órgano municipal competente ou pola Administración educativa, con carácter previo á toma dos acordos, nas seguintes cuestións:

  • Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra administración pública, que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal.
  • Actuacións e normas municipais que afecten aos servizos educativos complementarios e extra-escolares con incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservación.
  • Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, de ser o caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino.
  • Localizacións dos centros docentes dentro da demarcación municipal.
  • Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento axeitado dos centros docentes, de acordo coas competencias que a lexislación lles outorgue aos concellos en cada momento e especial atención á supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Fomento de actividades que tendan a mellorar a calidade educativa, a renovación pedagóxica, os principios da escola activa e a integración escolar, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio, para chegar a unha escola democrática, científica, libre, galega e non discriminatoria.
  • Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación lles outorgue aos municipios.
  • Programación de investimentos en materia educativa.
  • Calquera outro asunto de importancia para a vida escolar do Concello.

2. Función asesora:

O CEMV poderá elevar informes ou propostas á Administración educativa ou ao Concello, para o mellor funcionamento do sistema educativo e en especial sobre as seguintes materias:

  • Distribución de alumnos a efectos de escolarización, tendo en conta a normativa vixente ao caso.
  • Constitución de padroados, institutos municipais ou entes similares relativos á educación.
  • Cuestións relativas á promoción e extensión educativa.
  • Adaptación do calendario escolar ás necesidades e características socioeconómicas dos núcleos de poboación do municipio.
  • A estes efectos, as propostas presentadas polos conselleiros deberán ser motivadas e precisas e presentaranse por escrito á Presidencia do CEMV, quen decidirá sobre a súa tramitación.

3. Demanda de información:

O CEMV Poderá solicitar información da Administración educativa e das autoridades locais sobre calquera materia relacionada coa educación no ámbito municipal e, especialmente, sobre o rendemento escolar.

Que é o CEMV

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) é un órgano colexiado de participación e consulta en materia educativa no ámbito municipal. Representa á comunidade educativa do concello de Vigo.

Concíbese como o foro de reflexión e debate, o lugar de encontro das ideas, das iniciativas e das propostas de mellora e cambio da política educativa municipal, sendo tamén o nexo de unión entre o sistema educativo público e o privado.

A estratexia fundamental do seu funcionamento é o fomento e instrumentalización da participación democrática de todos os sectores implicados e protagonistas directos da acción educativa, na xestión educativa, na programación xeral do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

A finalidade do CEMV é promover actividades, informes e propostas que melloren a calidade da educación, a través da participación e colaboración entre todas as partes implicadas.

Específicamente, son obxectivos do CEMV:

  • Velar pola consecución do acceso de todos os habitantes do municipio de Vigo aos niveis educativos e culturais que permitan a súa realización persoal e socio-laboral, promovendo con esta finalidade cantas accións sexan precisas para acadar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, a compensación educativa e a atención á diversidade.
  • Fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa.
  • Impulsar e incentivar a calidade do ensino en todos os seus aspectos.
  • Promover a participación real, efectiva e continua da comunidade educativa nos centros docentes.
  • Ofrecer a máis ampla información sobre a súa actividade e sobre a situación actual do ensino no ámbito municipal.