Que é o CEMV

Imprimir cemv - 13-Maio-2010 - 17:33:22 

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) é un órgano colexiado de participación e consulta en materia educativa no ámbito municipal. Representa á comunidade educativa do concello de Vigo.

Concíbese como o foro de reflexión e debate, o lugar de encontro das ideas, das iniciativas e das propostas de mellora e cambio da política educativa municipal, sendo tamén o nexo de unión entre o sistema educativo público e o privado.

A estratexia fundamental do seu funcionamento é o fomento e instrumentalización da participación democrática de todos os sectores implicados e protagonistas directos da acción educativa, na xestión educativa, na programación xeral do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

A finalidade do CEMV é promover actividades, informes e propostas que melloren a calidade da educación, a través da participación e colaboración entre todas as partes implicadas.

Específicamente, son obxectivos do CEMV:

  • Velar pola consecución do acceso de todos os habitantes do municipio de Vigo aos niveis educativos e culturais que permitan a súa realización persoal e socio-laboral, promovendo con esta finalidade cantas accións sexan precisas para acadar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, a compensación educativa e a atención á diversidade.
  • Fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa.
  • Impulsar e incentivar a calidade do ensino en todos os seus aspectos.
  • Promover a participación real, efectiva e continua da comunidade educativa nos centros docentes.
  • Ofrecer a máis ampla información sobre a súa actividade e sobre a situación actual do ensino no ámbito municipal.


<<Agosto  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto