O Concello de Vigo concederá este ano 5.000 becas para comedor, libros e material escolar

Imprimir cemv - 09-Maio-2018 - 19:04:33 


A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Este ano, tal e como sucedeu en anteriores convocatorias, haberá un total de 5.000 alumnos con beca. O Concello de Vigo inviste 1,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo investirá este ano un total de 1,2 millóns de euros en becas de comedor e libros para os alumnos vigueses. Tal e como avanzou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. O prazo para as solicitudes aínda non está aberto e deberá esperar á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).



Un total de 5.000 alumnos recibirán este ano becas municipais de comedor, libros e material escolar despois do visto e prace das bases da concesión por parte do Concello de Vigo. Abel Caballero anunciou este xoves en rolda de prensa que na nova convocatoria volverán a investir 1,2 millóns de euros.

"Desde que son alcalde ningún neno quedouse sen comedor, non hai lista de espera, antes había pouco máis de 1.000 becas e unha longa lista de espera", sinalou o rexedor. Estas axudas son para Educación Infantil (2ª Etapa), Primaria e Secundaria. O Concello colabora con 70 comedores de centros públicos e privados concertados pese a que as competencias son autonómicas.

<<Decembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto