O Concello de Vigo promove unha nova edición do IV CERTAME DE ARTE INFANTIL

Imprimir cemv - 14-Maio-2013 - 00:06:37 

Certame Arte Infantil  O Concello presenta unha nova edición do "IV Certame de Arte Infantil" para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte.

A participación é moi doada: tan só hai que mandar un correo electrónico cunha imaxe por cada unha das obras que queiran optar ó certame, con todos os datos do alumno/a (nome completo, colexio, curso e teléfono) antes do día 31 de maio á seguinte dirección: artemingos@artemingos.com

De entre todas as obras presentadas elixiranse 100 finalistas. O persoal do programa recollerá os traballos directamente nos colexios, e pasarán a formar parte da Mostra que se levará a cabo na segunda quincena de xuño na Lonxa do Concello. Tamén se fará unha entrega de premios ós gañadores de cada categoría, nun acto a celebrar o 22 de xuño e que incluirá espectáculos de humor e maxia. Os colexios optan tamén en conxunto ó premio ós máis participativos. 

Os obxectivos que persegue o Certame son os seguintes:
  • Incentivar a creación artística en todos os ámbitos entre o alumnado de Vigo.
  • Fomentar a relación entre centros escolares no ámbito artístico.
  • Valorar a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno.
  • Achegar o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar da nosa cidade.    


<<Novembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto