Categorías
CEMV

Xornada Formativa sobre a Web ·cemv.vigo.org·

Os/as membros do Consello Escolar Municipal de Vigo asistimos a unha xornada formativa acerca da Web, os días 18 e 19 de setembro de 2010. Puidemos coñecer a estrutura da mesma e practicar con algunha das posibilidades que presenta a área privada da web.

A páxina web do CEMV (cemv.vigo.org) concíbese como unha plataforma de información sobre a actividade do Cemv á comunidade educativa. Nela recóllese a documentación derivada das xuntanzas (actas e acordos) e un apartado de novas relacionadas co Consello Escolar Municipal. Así mesmo, constitúe unha ferramenta de comunicación bidireccional, xa que permite á comunidade educativa transmitir comentarios sobre as novas publicadas, e trasladar suxestións, opinións e propostas ao Cemv.

Con esta ferramenta de traballo facilítase a comunicación e a actualización do coñecemento para que todas as persoas do Cemv estean informadas.