Categorías
CEMV

Olga Alonso nova Presidenta do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV)

Olga_Alonso_Concelleira_Educación_Vigo
Olga Alonso, profesional de recoñecido prestixio no eido educativo e actual directora do Ceip Teis-Friáns, foi nomeada Concelleira de Educación do Concello de Vigo o pasado 6 de febreiro. Esta Concelleira non electa incorporouse ás tarefas municipais sen dedicación exclusiva xa que mantén o seu traballo como directora do centro de primaria.
Como Concelleira de Educación, pasa a ostentar o cargo de Presidenta do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Hoxe 21 de marzo, reúnese a Comisión Permanente deste órgano colexiado para preparar a próxima xuntanza plenaria e Olga Alonso preside por primeira vez a xuntanza.