Categorías
Educación Vigo

Morre un gran mestre, José María García Picher

No pasado fin de semana (15 de xaneiro de 2011), soubemos do pasamento do Sr. J.M.García Picher, e na comunidade educativa do Colexio O Pombal decatámonos que quedaramos orfos dunha  persoa importante na vida da nosa pequena familia e da grande familia que facemos a cidade, e que engadiu máis valor se cabe á labor do profesorado. É por esta faceta pola que moitos coma min tivemos a honra de coñecelo, e agora recoñecelo.

 

Foi posible ter tal pracer nos preparativos do 60ª aniversario do Colexio O Pombal, do que o que suscribe forma parte, e na que na procura da información e as persoas vinculadas co Colexio dende os seus comenzos, gurgullou por riba de todos a figura do antiguo director, J.M. García Picher, á que entre moitos dos mestres que na actualidade imparten clase no centro coma para as familias que poidemos falar no transcurso da procura de información e que o coñeceron, todos, absolutamente todos (antiguos colegas de profesión, antiguos e novos pais que son antiguos alumnos, etc), coincidiron nunha definición semellante á hora de falar da súa persoa : amor pola súa profesión de mestre e persoa de gran corazón.

 

Puidemos ter a ocasión de verificar estas palabras, cando o Mestre J.M. García Picher, tivo a vontade e amabilidade de asistir ó acto da conmemoración do 60ª aniversario do CEIP O Pombal a pesares do seu delicado estado de saúde, e puidemos apreciar tódolos presentes o agarimo e amor que intercambiaron os antiguos alumnos que son os novos pais dos alumnos actuais, así coma dos colegas alí presentes e incluso os cativos que o escoitaron con atención, e para os que provocou un gran sorriso de complicidade, como él sabía, no intre de contar as súas vivencias no Colexio.

 

Persoalmente eu, pasei por un momento de “nerviosismo”, tal coma a que se sinte cando te-la posibilidade de falar con aquela persoa que consideras tan grande, me acheguei a él para saudalo, inda sen o coñecer (inda que despois de tanto escoitado da súa persoa sobre os seu traballo e vida  me parecía coñecelo de sempre), e quixen achegarme para darlle-las grazas ó MESTRE de tantos nenos que eu, como pai, teño infinitas palabras de agradecemento, pero moito máis, para min era como ir a darlle-las grazas ó meu MESTRE, ó MESTRE DE TODOS, aquel que sabes que non só é mestre das palabras, senon tamén da vida. Nas primeiras palabras que intercambiamos, que deseguido transcribo, dectámonos da súa grandeza e humildade como persoa:

 

          Bos días e benvido Sr. Picher. Son un pai da ANPA…e un gran pracer coñecelo en persoa ..non sabe canto… Moitísimas gracias por asistir – dixen eu.

          Moitas gracias a vos por estar “ahí”… Isto é unha alegría …Gracias a vos por me convidar…

 

Agasallounos coa súa presenza nos actos do aniversario, con fermosas e sentidas palabras e amosounos a todos o porqué do seu amor pola súa profesión e, particularmente, a lembranza agarimosa que tiña polos anos adicados a este centro,  e a tódolos presentes nos enchiu o peito de ledicia e bolboretas, e coma non, ós máis vellos/as de bagoas do nerviosismo, morriña e lembranzas.

 

Sabiamos que tivo unha longa vida de representación na cidade a nivel social como expresidente do Círculo Mercantilde Vigo ou fundador da Asociación de Amigos da Universidade, a nivel político coma Concelleiro de Educación e Cultura , e docente noutros centros da cidade, anque para nós…para todos nós sempre será importante porque foi…o NOSO MESTRE, o noso director.

 

Agasallounos coa súa presenza e o seu traballo nos centros de ensino e da administración da cidade ó longo da súa vida, e deixou en todos unha grande pegada na que se recoñece a súa innata labor de mestre , tanto do ensino coma da vida de tantos  vigueses e a xenerosidade coa que se entregou a tal fin.

 

Fago polo tanto, a solicitude ó Pleno do CEMV para que faga público o máximo recoñecemento da Comunidade Educativa da Cidade de Vigo a esta gran persoa, José María García Picher, xa que non só soubo dar grandeza a cidade de Vigo co seu traballo, senon que ademáis soubo realmente dar significado á palabra MESTRE.

 

SAÚDE E GRAZAS POR TODO. ATA SEMPRE MESTRE.

 

Nel Pena.  Secretario da ANPA O Pombal.  Secretario da FOANPAS

 

_”Con mis maestros he aprendido mucho; con mis colegas, más; con mis alumnos todavía más”_

Proverbio hindú