Cancelación das Xornadas Convive Xogando do CEMV

Imprimir cemv - 30-Maio-2018 - 19:52:35  

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) vese na obriga de cancelar as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", previstas para os días 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Municipal. Lamentamos as molestias. 
 

 Xornadas didácticas "Convive Xogando"

Imprimir cemv - 11-Maio-2018 - 17:09:03  

Programa Convive Xogando
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas. 

As xornadas celebraranse os vindeiros 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Municipal. Durante as mañás a actividade estça dirixida a centros educativos,  e poderán participar por cada centro educativo ata un máximo de 3 grupos-aula de 1º e/ou 2º da ESO. As xornadas centraranse nas seguintes temáticas que se tratarán nas mesmas: Deporte e Muller / Deporte e Diversidade / Deporte e Xogo Limpo. Cada centro educativo poderá escoller que día quere participar dependendo do tema que se trate. Poden descargar o programa no seguinte enlace: Programa.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Este ano, tal e como sucedeu en anteriores convocatorias, haberá un total de 5.000 alumnos con beca. O Concello de Vigo inviste 1,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo investirá este ano un total de 1,2 millóns de euros en becas de comedor e libros para os alumnos vigueses. Tal e como avanzou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. O prazo para as solicitudes aínda non está aberto e deberá esperar á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).


Teatro escolar 2018Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ademais dos centros que participan nas representacións, tamén asistirán como público uns 650 alumnos e alumnas doutros oito colexios da cidade.

A xornadas preténdense recoñecer o labor creativo que se desenvolve nos centros de ensino, ademais de tender pontes de colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.

 I Xoranas de Convivencia FOANPAS

Imprimir cemv - 09-Maio-2018 - 18:11:06  

I Xornadas convivencia Foanpas FOANPAS organiza as I Xornadas de Convivencia que se centrarán no acoso escolar   e transexualidade infantil. Poden consultar o programa das mesmas no seguinte enlace.


 

 III Jornadas de atención a la diversidad de Surgapa

Imprimir cemv - 09-Maio-2018 - 17:46:56  


 SURGAPA organiza as  III Xornadas de atención á diversidade o 13 e 14 de abril. Trátase dunhas xornadas  gratuítas dirixidas a familias e profesionais ou estudantes.  Podedes consultar o programa no seguinte enlace.
 


O alcalde presidiu esta sesión extraordinaria coa que se conmemora o Día Internacional da Infancia 2017 e na que un centenar de estudantes do CEIP Lope de Vega e do CPR Niño Jesús de Praga expuxeron as súas preocupacións polo respecto aos Dereitos do Neno e pola evolución medioambiental do planeta, facendo fincapé na importancia da reciclaxe na cidade, do consumo responsable de auga e na redución das emisións contaminantes. Abel Caballero explicoulles as medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal e felicitounos polas súas contribucións neste Pleno Infantil. 
 
O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen "obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión", apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando. O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade. 
 

 

O alcalde informou na apertura do curso escolar, das obras realizadas polo goberno municipal nos centros escolares así como da próxima cubrición de tres patios. Ademais, explicou que hai 36 centros que participan no Plan de Tráfico municipal que dá prioridade ao transporte de escolares. 

Abel Caballero visitou hoxe o Ceip A Paz Tintureira en Coruxo coincidindo co inicio do novo curso e alí deu conta da "importante acción do Concello nos centros de Infantil e Primaria": a ampliación do comedor do Ceip Sello en Cabral, a reforma dos baños do comedor do Ceip Eduardo Pondal de Sampaio e dos baños de varios centros: o Ceip Balaídos, Emilia Pardo Bazán (Chouzo), Plurilingüe Igrexa Valadares, Escultor Acuña, Santa Tegra-Teis, Canicouva-Castrelos, Lope de Vega e Seis do Nadal.     

 Calendario escolar 2017/2018

Imprimir cemv - 19-Setembro-2017 - 13:13:05  



 Achégase o enlace á Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela tedes toda a información referente aos días lectivos, festivos e períodos vacacionais.


 


O Concello celebrou este martes unha Quedada Literaria no Pazo de Castrelos.  Nela participaron 800 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria pertencente a once centros educativos da cidade. Con esta actividade actividade a Concellería de Normalización Lingüística, a rede de bibliotecas escolares e a a Biblioteca Neira Vilas pretenden normalizar uso da lingua galega entre os máis pequenos a través da lectura. Nesta edición tivo especial presenza Carlos Casares, autor ao que se dedicou o Día das Galegas. Foi un día de festa no que non faltou a música a cargo do grupo Migallas.
 
Vigo Historia

 Case que mil nenos e nenas de varios colexios da cidade participan desta iniciativa municipal, que ten lugar durante o mes de marzo. Ofréceselles un itinerario didáctico guiado polos espazos máis destacados de Vigo relacionados coa Reconquista, explicou o Alcalde onte. 

O Concello de Vigo promove desde hoxe xoves, e ata finais de marzo, o programa educativo "Vigo Historia: A Reconquista", unha proposta na que participan case que mil escolares de 5º e 6º de Primaria de varios colexios de Vigo.

 I Jornada sobre prevención de riscos na infancia e adolescencia

Imprimir cemv - 13-Marzo-2017 - 23:44:05  


SURGAPA organiza a I Xornada sobre prevención de riscos na infancia e adolescencia. Será o próximo venres 17 de 17:00 a 20:30 e o sábado 18 de 09:30 a 14:00. Para máis información consultar o programa neste enlace.
 


A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2017 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2017", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos" (expte. 18427-332).

 V Xornadas de Inclusión Educativa organizadas por FOANPAS

Imprimir cemv - 13-Marzo-2017 - 23:32:09  

V Xornadas de Inclusión Educativ


O vindeiro 
11 de marzo no Centro Cultural de Matamá celebraranse as V Xornadas de Inclusión Educativa organizadas por FOANPAS. Están dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público e podes anotarte no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com 
Se queres descargar o programa pincha neste enlace: Programa das V Xornadas de Inclusión Educativa


 
Seis do nadal
Durante a visita que realizou hoxe ao centro polo inicio do novo curso no ensino Infantil e Primario, Caballero informou da dotación por parte do Concello ao centro dun columpio adaptado para que o alumnado con discapacidade poida xogar en igualdade de condicións. Amais, incidiu na importancia do plan de tráfico posto en marcha nos colexios pedindo a cooperación veciñal para respectalo. 
O alcalde visitou este martes pola mañá o CEIP Seis do Nadal no que 600 nenos e nenas veñen de comezar o novo curso 2016-2017 en educación Infantil e Primaria. Alí eloxiou o proxecto educativo que desenvolve o centro, "a calidade docente e o magnífico cadro de profesorado", que o fixo merecedor do recoñecemento como "Vigués Distinguido" no ano 2014. 


 O alcalde garante a apertura da UNED no Auditorio Mar de Vigo

Imprimir cemv - 13-Marzo-2017 - 20:53:50  

uned

A Avogacía do Estado estudou as concesións portuarias, tamén a do Mar de Vigo, e establece "precisións", explicou Caballero, sobre o uso do edificio como sede viguesa da UNED, informe que analizan os xurídicos municipais pero que "non ten ningunha relevancia" nin presenta "ningunha dificultade" para a apertura da Universidade no Mar de Vigo. 


O alcalde de Vigo informou que os servizos xurídicos do Concello estudan o informe da Avogacía do Estado sobre a concesión portuaria ao Mar de Vigo, unhas "precisións" ao uso educativo que "se van resolver" e non presentan "ningunha relevancia" nin "ningunha dificultade" para a apertura da sede viguesa da UNED no Mar de Vigo. 

Pleno constitución 2015

O Pasado 21 de outubro reuniuse o Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) para constituír este recentemente renovado Órgano Colexiado e iniciar a nova andaina de traballo que durará catro cursos escolares. Tras o proceso de renovación, a composición do órgano queda como segue:  

a) Presidenta do CEMV. Olga Alonso Suárez. Concelleira de Educación. 
b) Vicepresidente do CEMV. Antonio Vázquez Vázquez. Especialista en temas educativos.
c) Secretario/a do CEMV. Pedro Mª Vázquez Iglesias. Xefe de Servizo de Educación.
d) Representante da Administración Educativa da Xunta de Galicia. Antonio Estévez Rodríguez. Inspección Educativa de Vigo.
e) Vogais:

Sector docente:
1. Antonio Madrid Risquez. Representante de CC.OO. Centro público.
2. Eugenio de la Iglesia Delgado. Representante de CC.OO. Centro privado. 
3. Purificación Bernárdez Álvarez. Representante de CC.OO. Centro privado.
4. Anxos Collazo Trigo. Representante de CIG. Centro público.
5. Xesús Rodríguez Amil. Representante de CIG. Centro público.
6. Santiago Rodríguez Sánchez. Representante de CIG. Centro público.
7. Rafael Domínguez de la Iglesia. Representante de UXT. Centro público.
8. Eudosia Deza Souto. Representante de UXT. Centro privado.
9. Ángeles Crespo Fuster. Representante de FSIE-Galicia. Centro privado.
10. José Casas Freire. Representante de STEG. Centro público. 
 
Sector de usuarios/as do sistema educativo:
1. Mª Jesús Granja Pereira. Representante de FOANPAS.
2. Mª Bertila Fernández Pérez. Representante de FOANPAS.
3. María del Carmen Rivas Corbacho. Representante de FOANPAS.
4. Luisa Rivas García. Representante de SURGAPA.
5. Yolanda González Larrañaga. Representante de SURGAPA.
6. Fernando Vazquez González. Representante de SURGAPA.
7. Alberto Prado Lechuga. Alumno do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
8. Yvonne Bouzas Casas. Alumna de 1º de Bacharelato, IES Álvaro Cunqueiro
9. Goretti González Lago. Alumna de 4º de ESO, IES Valadares.
10. Hadriana Prado Lorenzo. Alumna de 4º de ESO, CPR Salesianos.

Sector social:
1. Esperanza Dacosta Dapena. Director centro público de primaria.
2. Carlos Bacelo Bacelo Director centro público de secundaria.
3. Xabier Pérez Igrexas. Representante da central sindical CIG.
4. José Luis Sanz Escribano. Representante da Confederación de Empresarios de Pontevedra.
5. Javier Sánchez Álvarez. Representante de CERMI-Galicia.
6. José Manuel Rodríguez Lago. Titular de centro privado.
7. Antonio Vázquez Vázquez. Especialista en temas educativos.
8. María Teresa García Durán. Representante da Federación Veciñal Eduardo Chao.
9. Isabel López Lorenzo. Representante do Consello Municipal da Muller.
10. Cándido Cabaleiro Paz. Representante de centros públicos de ensinanzas artísticas.    
 

 Calendario escolar 2015-16

Imprimir cemv - 17-Setembro-2015 - 17:07:37  


Achégase a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/2016, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


Nela tedes toda a información referente aos días lectivos, festivos e períodos vacacionais.
 
Acaba de rematar o proceso de elección do alumnado representante no Consello Escolar Municipal de Vigo, no que estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo. Participou no proceso alumnado de 16 centros desde os que remitiron á Concellería de Educación 37 papeletas de votación.

A seguir, móstrase o nome dos catro candidatos  e candidatas que obtiveron maior número de votos e que por tanto foron elixidos para formar parte do sector usuarios:

NOME

CENTRO

CURSO

VOTOS RECIBIDOS
Alberto Prado Lechuga

IES Castelao

4º PDC

14

Yvonne Bouzas Casas

IES Álvaro Cunqueiro

4º ESO

11

Goretti González Lago

IES Valadares

3º ESO

9

Hadriana Prado Lorenzo

CPR Salesianos

3º ESO

9














O resto dos alumnos e alumnas candidatos pasarán a formar parte dunha lista de suplentes que se elabora cos seguintes fins:

1. Ocupar o lugar dalgún dos alumnos ou alumnas elixidos no caso de que causen baixa.
2. Ser os alumnos que farán de relevo ao cabo de 2 anos cando, segundo establece o regulamento, é preciso renovar este estamento por completo.

 A continuación establecese a lista de suplentes indicando o posto que ocupa cada un segundo o número de votos. Para os casos nos que houbo o mesmo numero de votos establecéronse os seguintes criterios de desempate:

1. Deuse prioridade ao alumno que ocupa maior nivel educativo.
2. Cando se deu a circunstancia de que obtiveron o mesmo número de votos estudantes do mesmo nivel educativo, seguiuse o criterio de orde alfabética do apelido.


Orden de reserva

APELIDOS

NOME DO CENTRO

CURSO

VOTOS RECIBIDOS



Nicolás Fernández Chantada

IES Castelao

1ºBACHARELATO

8



Lois García Rodriguez

IES A Guía

3ºESO

8



Adriana Saborido Núñez

CPR Apóstol Santiago

3ºESO

8



Emily Wingstedt Meixoeiro

IES República Oriental do Uruguai

1º ESO

8



Beatriz Rodríguez Meneses

IES de Teis

SMR

7



Ángel Román Méndez

IES do Castro

4ºESO

7



Raúl Blanco Aguayo

IES Valadares

4ºESO

6



Daniel Portela Otero

CPR Salesianos

3º ESO

6



Alberto Valle Vázquez

CPR Monterrey

3ºESO

5

10º

David Vázquez Bande

CPR Quiñones de León

4ºESO

4

11º

Andrés Sampedro Camiña

CPR Bouza Brey

3ºESO

3

12º

Zaira Vázquez Bande

CPR Quiñones de León

2ºESO

2














 

    No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 27 de abril, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino.

NOME
APELIDOS
CURSO
NOME DO CENTRO
Raúl
Blanco Aguayo
4º ESO
IES Valadares
Yvonne
Bouzas Casás
4º ESO
IES Álvaro Cunqueiro
Nicolás
Fernández Chantada
1º BACH
IES Castelao
Lois
García Rodríguez
3º ESO
IES A Guía
Goretti
González Lago
3º ESO
IES Valadares
Daniel
Portela Otero
3º ESO
CPR Salesianos
Alberto
Prado Lechuga
4PDC
IES Castelao
Hadriana
Prado Lorenzo
3º ESO
CPR Salesianos
Beatriz
Rodríguez Meneses
SMR
IES de Teis
Ángel
Román Méndez
4º ESO
IES do Castro
Adriana
Saborido Núñez
3º ESO
CPR Apóstol Santiago
Andrés
Sampedro Camiña
3º ESO
CPR Bouza Brey
Alberto
Valle Vázquez
3º ESO
CPR Monterrey
David
Vázquez Bande
4º ESO
CPR Quiñones de León
Zaira
Vázquez Bande
2º ESO
CPR Quiñones de León
Emily

Wingstedt Meixoeiro
1º ESO
IES República Oriental do Uruguai
 

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que durante os días, 24 e 25 de abril, organiza as xornadas formativas:  "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade"
Esta acción enmárcase no programa "Irene" de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia que o Concello de Vigo ten conveniado co Instituto da Muller para o período 2014/2015.

Especialmente dirixidas (aínda que non exclusivamente) para profesionais do ensino, servizos sociais, anpas...

As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición.

As persoas interesadas en asistir deberán enviar a folla de inscrición, ou os datos que se piden nela, a través do  fax núm. 986 430 082 ou ao seguinte enderezo electrónico: 
xornadas.igualdade@vigo.org

 
Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), "o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos". Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade.

Dentro deste proceso de renovación, é preceptivo nomear catro alumnos/as que serán elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares dos centros existentes no municipio (artigo 6).

O proceso de eleccións establecido consta de tres fases:
-  Información aos equipos directivos e ao alumnado sobre o CEMV e o proceso de eleccións.
-  Presentación de candidaturas do alumnado interesado: provisional e definitiva.
-  Celebración de eleccións.

No cadro que se acompaña preséntanse as candidaturas provisionais do alumnado, establecéndose un prazo ata o 14 de abril para presentar reclamacións, enviando un correo electrónico a cemv@vigo.org, indicando os datos de contacto.

NOME

APELIDOS

CURSO

NOME DO CENTRO

Lois

García Rodriguez

3ºESO

IES A Guía

Hadriana

Prado Lorenzo

3ºESO

CPR Salesianos

Daniel

Portela Otero

3º ESO

CPR Salesianos

Andrés

Sampedro Camiña

3ºESO

CPR Bouza Brey

Alberto

Valle Vázquez

3ºESO

CPR Monterrey

Beatriz

Rodríguez Meneses

Ciclo Formativo de Grado Medio Sistemas Microinformáticos e Redes

IES de Teis

Adriana

Saborido Núñez

3ºESO

CPR Apóstol Santiago

Goretti

González Lago

3ºESO

IES Valadares

Raúl

Blanco Aguayo

4ºESO

IES Valadares

Ángel

Román Méndez

4ºESO

IES do Castro

David

Vázquez Bande

4ºESO

CPR Quiñones de León

Zaira

Vázquez Bande

2ºESO

CPR Quiñones de León

Alberto

Prado Lechuga

4PDC

IES Castelao

Nicolás

Fernández Chantada

1ºBACHARELATO

IES Castelao

Emily

Wingstedt Meixoeiro

1ºESO

IES República Oriental do Uruguai

 Yvonne Bouzas Casas
 4º ESO
 IES Álvaro Cunqueiro


   Transcorrido o prazo, enviaránselle aos representantes de alumnos e alumnas dos consellos escolares dos centros de secundaria da cidade de Vigo as papeletas para a votación. Para exercer o voto, deberán cumprimentar a papeleta, selala e entregala na Dirección dos seus centros.

 

 1ª Xornadas de Atención á Diversidade organizadas por SURGAPA

Imprimir cemv - 06-Abril-2015 - 21:58:43  

 

SURGAPA (Federación de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos/as del Suroeste de Galicia) organiza as 1ª Xornadas de Atención á Diversidade que terán lugar no salón de actos do Colexio Santiago Apóstolo (Xesuítas) de Vigo o venres 17 e sábado 18 de abril de 2015.

Son unhas xornadas destinadas a todas as persoas vencelladas ao ámbito da educación (nais e país, mestres/as, directores/as, orientadores/as, pedagogos/as, etc.) e aos alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo .Poden descargar toda a información relativa a estas Xornadas na web http://surgapa.org . Para anotarse hai que cubrir a folla de inscrición que atopará no enlace web e enviala a surgapablog@gmail.com    
 
A federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), organiza as ″III    XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA″ que terán lugar o próximo 18 de abril no Museo Verbum  de Vigo. Nelas tratarán as necesidades educativas especiais e diferentes estratexias para  afrontalas, sempre coa inclusión e a convivencia como marco.

   Máis información sobre as xornadas e inscricións no 986298812. Achegamos o programa con toda  a información.  
     
 


Coincidindo co Día Mundial da Auga, goberno local e concesionaria entregaron este luns os premios da XII Edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. O certame alcanzou nesta edición máis de 30.000 visitas e un millón de páxinas vistas no microsite "A auga necesita de heroes coma ti".

A tenente de alcalde, Carmela Silva, o concelleiro de Fomento, David Regades, e outros concelleiros do goberno local participaron nos actos organizados polo Concello e Aqualia por mor do Día Mundial da Auga nas instalacións do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que procura a educación dos máis pequenos en hábitos de consumo responsable da auga. 

Concello e Aqualia entregaron os premios do tradicional Concurso Internacional de Debuxo Infantil que organiza a empresa entre o alumnado da cidade. Nesta ocasión o acto iniciouse cun sopa de letras xigante na que os rapaces asistentes puideron ir descubrindo as principais palabras relacionadas coa auga e o seu consumo responsable así como a importancia de protexer este recurso natural tan prezado.

A continuación, tivo lugar a entrega de premios da XII edición do concurso anual de debuxo infantil de Aqualia baixo o lema "A auga necesita de heroes coma ti". Os escolares debían plasmar como coidar un ben tan prezado e escaso no planeta como é a auga a través de historias (entendidas como relatos, contos, cómics, debuxos, etc.) en 3 viñetas sobre o uso responsable da auga no site do concurso.

O certame alcanzou na súa XII edición máis de 30.000 visitas e un millón de páxinas vistas no microsite. Os contidos, dispoñibles en español, portugués, catalán e galego, difundíronse máis de 3.000 veces a través das redes sociais, e xeraron máis de 300.000 impactos positivos, dado o carácter pedagóxico e lúdico da ferramenta. Entre os 4 premiados en Vigo este ano, Santiago Perei Olmeda, do Colexio Barreiro, resultou ser unha dos 10 gañadores individuais do concurso a nivel nacional. Os 3 escolares restantes recibiron o premio finalista:
Alexandra Iglesias Rodríguez, Helena Labandeira e Natalia Pego Martínez.

Coa entrega de premios ponse en marcha a nova edición do concurso que este ano cumpre a súa XIII edición baixo o lema "Enche o teu mundo de vida". Nesta ocasión, Aqualia quere coñecer as ideas de como coidar un ben tan prezado e escaso no planeta como é a auga a través de historias realizadas polos participantes a través da plataforma dixital www.encheoteumundodevida.com. Os escolares teñen que crear o lugar máis bonito do mundo e darlle vida levando auga ás persoas, aos animais e ás plantas. Entre todos os participantes entregaranse dez primeiros premios, un cheque para material educativo.    
 
300 alumnos de 15 centros de educación infantil e primaria poderán beneficiarse do apoio educativo que proporciona a terapia canina que o Concello ven desenvolvendo con discapacitados psíquicos desde o ano 2011.


Segundo explicou o rexedor, trátase de converter ao animal en motivador de aprendizaxes e nesta primeira etapa atenderase a 300 nenos durante dous trimestres. Acompañado polas concelleiras de Medio Ambiente e Educación, Chus Lago e Olga Alonso, respectivamente, o rexedor presentou tamén un programa de formación e bolsa de traballo que consiste en formar a entre 4 e 6 persoas que se atopen en desemprego na educación de cans que previamente se seleccionarán da protectora. Para esta formación, axudarán as tres cadelas da terapia: Mami, Guida e Pintas. Unha vez realizada a formación, os participantes recibirán un certificado de asistencia e os cans serán adoptados por familias que o soliciten. O alcalde, quen cualificou de "revolucionario" este programa, avanzou a súa vontade de seguir a impulsalo dado o éxito da súa demanda. 

Desde 2011, o Concello ven facilitando terapia canina a asociacións de discapacitados, e pasouse de traballar con 4 colectivos e 100 usuarios a 10 entidades e 400 usuarios. Os colectivos son os seguintes: Anhida, nenos con hiperactividade e déficit de atención; Afaga, enfermos de Alzheimer; Alento, dano cerebral; Foanpas, pais e nais de alumnos; Apamp, familias con parálise cerebral; Aspavi, discapacidade cerebral; Aspanaex, discapacidade intelectual; Feafes, enfermos mentais; Colexio Saladino Cortizo e Asperga, afectados polo síndrome de Asperger.    
 

 O Concello leva a Reconquista ás aulas co programa VigoHistoria

Imprimir cemv - 27-Marzo-2015 - 11:12:08  


 

O goberno local desenvolve unha proposta que procura transmitir aos estudantes de 5º e 6º de Primaria a historia da Reconquista de Vigo, mediante charlas, audiovisuais, unidades didácticas e unha exposición con paneis e obxectos reais da época. "Queremos transmitir nos colexios unha parte da historia de Vigo", salientou Caballero. 

O programa municipal VigoHistoria ten por obxectivo transmitir ao alumnado a historia da Reconquista de Vigo de xeito ameno e didáctico, a través de charlas-coloquio, exposicións con paneis e obxectos reais da época e a proxección de material audiovisual. Ademais, os estudantes reciben unha unidade didáctica coa que completar o seu coñecemento deste acontecemento histórico tras a conclusión da actividade. 

"Sempre queremos transmitir nos colexios de Vigo unha parte da historia de Vigo", expresou Abel Caballero, e indicou que VigoHistoria "é parte dunha actuación máis importante, que é a integración dos cidadáns de Vigo na nosa historia, no que somos e no que queremos ser". A formación sobre a Reconquista lévase adiante durante este mes, coincidindo coas datas de liberación da cidade da invasión napoleónica en 1809 e coa representación da batalla no Casco Vello. 

O Concello de Vigo realiza xornadas lectivas nun "sen fin" de centros educativos vigueses, afirmou o rexedor, con xornadas de 90 minutos por cada pase, podendo facer ata dous pases na mesma mañá e chegar así ata 200 alumnos por día.

 

O goberno local promove o fomento da reciclaxe entre 3.595 alumnos de 2º a 4º de Primaria cunha unidade móbil que percorre os 43 colexios públicos de Vigo desde o pasado 14 de xaneiro e ata mediados de marzo. A campaña forma aos máis pequenos nas nocións básicas da reciclaxe mediante un videoxogo didáctico. 

O alcalde visitou este mércores o CEIP Chans de Bembrive, onde estaba localizada a unidade móbil desta campaña, que procura "concienciar" aos nenos e nenas da "importancia da reciclaxe". O vehículo percorre os 43 colexios públicos de Vigo cunha pantalla na que os rapaces poderán amosar os seus coñecementos de reciclaxe mediante un videoxogo, despois de recibir unhas nocións básicas.                                          
Abel Caballero, durante a súa intervención ante os medios de comunicación, asegurou que "en Vigo a cultura da reciclaxe calou e funciona" e, con iniciativas como esta, o Concello procura "manter a conciencia colectiva en torno á importancia da reciclaxe".    

 

 Calendario escolar 2014-2015

Imprimir cemv - 01-Setembro-2014 - 17:02:11  


Achégase a Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

 Lembrade que as actividades lectivas inician nas seguintes datas:

- 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria: día 10 de setembro de 2014

- Educación secundaria obrigatoria, bacharelato,  formación profesional e ensinanzas de réxime especial: día 15 de setembro de 2014 
 

Vigo en Inglés

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 16 de maio de 2014 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Ingles", para o ano 2014, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos".

O prazo para a presentación de solicitudes é do 26 de maio ao 06 de xuño de 2014, ambos inclusive.
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202)

As bases, impresos de solicitude e anexos para participar na convocatoria atópanse na oficina do Programa Vigo en Inglés (Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)) ou pódense descargar a través da Web: www.vigoeningles.org

Para máis información ou formular calquera consulta debe dirixirse a:
Oficina Programa Vigo en Inglés ( Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, Servizo de Educación, Planta 11ª- 36202)
E-mail: vigoeningles@vigo.org
Teléfonos: 986 810181
Fax: 986 221726
 

 II Xornadas de Convivencia Escolar do CEMV

Imprimir cemv - 16-Abril-2014 - 13:46:02  

Cartel II Xornadas Convivenvia CEMV Vigo  

O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV,  presenta as II Xornadas de Convivencia Escolar que se celebrarán na Escola Superior de Arte Dramática (Camiño Poza Cabalo s/n) o 9 e 10 de maio.

Co lema O que falas, fala de ti, esta edición céntrase na linguaxe, na mellora da comunicación, coa idea de que este debe ser o obxectivo prioritario do sistema educativo e da sociedade, xa que incidindo na mellora da comunicación mellóranse as relacións sociais e os valores de convivencia.

Esta iniciativa didáctico-formativa está dirixida a tódolos membros da comunidade educativa (pais e nais, alumnos/as, mestres/as, directores/as, orientadores/as, pedagogos/as, etc.)

Achegamos o díptico onde poderán consultar o programa así coma o cartel desta actividade. A participación nas xornadas é de balde, sendo precisa a inscrición previa debido á existencia de un aforo máximo de 125 persoas. O prazo de inscrición nas xornadas será do 21 de abril ao 6 de maio. Para incribirse prema neste enlace.

Para máis información  poden contactar por correo electrónico a través da dirección cemv@vigo.org.  

 

 Concurso "Gústame o galego nos centros de ensino"

Imprimir cemv - 18-Marzo-2014 - 20:38:50  

gustame o galego nos centros de ensino O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo colaboran no concurso "Gústame o galego nos centros de ensino" no que se propón ás e aos estudantes de todos os niveis educativos da cidade e ao alumnado da UVigo que manden microrrelatos, vídeos de rap, contos ilustrados, bandas deseñadas, carteis, viñetas...

As propostas seleccionadas por cada centro para competir na fase final deben ser enviadas entre o 17 de marzo e o 28 de abril. 
Máis info: www.gustame.gl
   
 

 II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA de FOANPAS

Imprimir cemv - 18-Marzo-2014 - 20:07:57  

II Xornadas Inclusión Foanpas
A federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), organiza as ″II XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA″ que terán lugar o próximo 5 de abril no Auditorio do Concello de Vigo. Nelas tratarán as    necesidades educativas especiais e diferentes estratexias para afrontalas, sempre coa inclusión e a convivencia como marco.

   Máis información sobre as xornadas e inscricións no 986298812. Achegamos o cartel e o díptico exterior e interior con toda a información.    
 

Expo reconquista 2014

O pasado mércores 26 de febrero, o alcalde de Vigo acudiu ao Museo Verbum, en Samil, onde 100 escolares de quinto e sexto de Primaria, procedentes dos centros de San Salvador e Emilia Pardo Bazán, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo dos meses de marzo e abril serán 2.000 os alumnos que disfruten desta actividade. 

O alcalde Caballero augurou un "gran éxito" da mostra didáctica disposta polo Concello de Vigo no Museo Verbum sobre a Reconquista da cidade, unha exposición que "xa foi un éxito na pasada edición". 

"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta etapa tan importante da historia local e de indubidable interese para a comunidade educativa.
   
 
Pintura Vigolandia 2013

Máis de 1.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 14 colexios da cidade participaron neste certame baixo a temática "Un bonito sono no Nadal". O alcalde entregou os premios aos 13 galardoados no Concurso, onde destacou a participación do Colexio Apóstol (con 470 debuxos) e do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo (cunha alumna entre os premiados).
 

 O que falas, fala de ti. A linguaxe na convivencia

Imprimir cemv - 16-Outubro-2013 - 21:26:59  

O que falas, fala de ti
A linguaxe e as formas de comunicación determinan o clima social e a convivencia.  A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) convida a tódolos centros educativos do Concello de Vigo a participar no programa O que falas, fala de ti, que pretende destacar a importancia da linguaxe nas relacións co entorno. A través deste programa preténdese recoller as boas prácticas  se están levando a cabo nos centros educativos do Concello de Vigo así como fomentar que se desenvolvan novas iniciativas.

 No díptico que se achega atoparán toda a información referente ao programa e á forma na que poden participar.

 Descargar díptico

 Formulario de inscrición

 
 
Encontro directores Thing Big Schools

O alcalde de Vigo, acompañado polo director de Fundación Telefónica, Joan Cruz, mantivo un encontro con directores de institutos vigueses para presentarlles un proxecto de novas tecnoloxías. O Think Big schools forma a mozos de 16 e 17 anos no deseño, creación e posta en marcha de empresas dixitais. 

 Santos Héctor presidente do CEMV

Imprimir cemv - 19-Setembro-2013 - 14:07:38  

Santos Héctor

Santos Héctor, como Concelleiro de Educación, pasa a ostentar o cargo de Presidente do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Hoxe 19 de setembro, preside por primeira vez a xuntanza da Comisión Permanente do órgano colexiado.
 
Caballero CEIP San Salvador

A falta dos datos definitivos, Abel Caballero adiantou hoxe mércores que o Concello de Vigo concederá en torno a 5.000 bolsas para libros e comedor escolar. Para facer fronte á demanda, o goberno de Vigo dedica no orzamento de 2013 máis de 1,5 millóns de euros para este tipo de achegas e apoio á educación, cantidade que asume o recorte de 178.000 euros imposto pola Xunta de Galicia nas bolsas de comedor en Vigo. 

A administración local rexistra un "notable incremento da demanda de comedor", asegurou Caballero, máis solicitudes que conlevarán que o Concello incremente a partida económica no orzamento de 2014 para que ningún alumno e alumna que cumpra os requisitos económicos quede sen achega para comedor, tal e como comprometeu o rexedor. 

O alcalde avanzou estas cifras durante unha visita realizada esta mañá ao CEIP San Salvador de Teis, por mor do comezo do curso do alumnado de Infantil (de 3 a 6 anos) e Primaria (de 6 a 12). 24.221 alumnos inician hoxe un novo exercicio escolar, dos que 7.907 cursan Infantil e 16.364, Primaria. 

Este centro, "emblemático e de gran tradición", en verbas de Caballero, educa a 180 alumnos e recibiu investimentos do Concello para un novo comedor, habilitado o pasado ano, con cabida para 70 persoas, das que case a metade contan cunha bolsa do Concello. Ademais, o goberno de Vigo cambiou o portón de entrada e, de cara ao próximo ano, prevé unha "importante" reforma nos accesos, coa sinalización dunha rotonda que mellore a seguridade na chegada dos escolares ao colexio. 

Abel Caballero tamén recordou que o goberno que preside inviste este ano máis dun millón de euros en melloras na práctica totalidade dos centros educativos de Vigo, unha cifra que case duplica os 600.000 euros gastados polo goberno autonómico na cidade, administración que ten a competencia en Educación    
 
escolas depostivas vigo

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a semana pasada o Programa Municipal de Escolas Deportivas deste curso, un total de 5.000 prazas en 26 opcións deportivas distintas para os nados entre 1997 e 2007.

O Programa Municipal de Escolas Deportivas, organizado e coordinado polo Concello de Vigo e o IMD coa colaboración de 46 entidades, procura fomentar a práctica deportiva regular entre os máis novos.

Segundo detallou Caballero, entre os obxectivos desta iniciativa está a promoción da actividade deportiva entre a poboación en idade escolar, a educación en valores de cooperación e solidariedade e a potenciación das capacidades físico-deportiva dos rapaces e rapazas.

A proposta do Concello programa 26 modalidades deportivas a desenvolver nun total de 18 instalacións deportivas, cun investimento municipal de 289.000 euros. Como novidade este ano con respecto ao pasado, no que participaron 4.000 escolares, o Concello incorpora dúas novas instalacións deportivas -os pavillóns de Candeán e de Coruxo- e incrementa o número de prazas para natación sincronizada pola alta demanda rexistrada, pasando de 90 a 130 vacantes.

Os interesados poderán formalizar a matrícula desde a un prezo por cada modalidade de 42,2 euros salvo a natación sincronizada -108,8 euros-. Quedan exentos do pago os alumnos/as de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 3.827 euros, 5.987 euros no caso de familias numerosas.

 

 Calendario escolar 2013/2014

Imprimir cemv - 02-Setembro-2013 - 13:55:50  

calendario gift
Achégase a Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


 Lembrade que as actividades lectivas inician nas seguintes datas:

- 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria: día 11 de setembro de 2013

- Educación secundaria obrigatoria, bacharelato,  formación profesional e ensinanzas de réxime especial: día 16 de setembro de 2013    


 
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2013-2014 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes (EMMA): Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), Escola Municipal de Teatro (EMT), Escola Municipal de Danza (EMD) e Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).

Escola municipal de música de Vigo (EMMV)
De 4 a 7 anos:
Música e Movemento
A partir de 8 anos:
Práctica instrumental: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba e Percusión.
Actividades grupais
Máis información: 
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo) 
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: info@esmuvigo.es 
www.emmavigo.org

Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)
A partir de 8 anos:
Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico. 
Actividades grupais
Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo) 
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: e-trad@vigo.org 
www.emmavigo.org

Escola municipal de teatro (EMT)
De 6 a 17 anos:
Expresión dramática (I e II), Expresión teatral e Iniciación ás técnicas teatrais
A partir dos 18 anos:
Formación de actores (I e II)
Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)
Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: em.teatro@vigo.org
www.emmavigo.org

Escola municipal de danza (EMD)
A partir dos 4 anos:
Danza tradicional galega
A partir dos 8 anos:
Percusión tradicional
A partir dos 65 anos:
Clases de danza e percusión tradicional para a terceira idade
Máis información:
Escola municipal de danza: Praza do Rei 1, soto 1º (36202 Vigo)
Teléfono: 986 810167
Horario de atención ao público: de 09,00 h a 13,00 h, de luns a venres; xoves de 17,00 a 19,00h
Correo electrónico: escola.danza@vigo.org
www.emmavigo.org

Escola municipal de artes e oficios (EMAO)
A partir dos 16 anos:
Artesanía en coiro, Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM: Gaita, Luthería antiga e Zanfona), Cerámica, Debuxo, Encadernación, Encaixe de palillos, Escultura e talla na madeira, Moda e confección, Ourivaría, Pintura e Serigrafía
Máis información:
Escola municipal de artes e oficios: Avda. García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228087/88
Horario de atención ao público: de 10,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: emao@vigo.org
www.emmavigo.org

Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes:
PRAZOS PARA A EMMV, EMT, E-TRAD E EMAO
Preinscripción:
On line (www.emmavigo.org): do 17 de xuño ao 6 de setembro de 2013
Presencial (nas oficinas de calquera das escolas municipais): do 17 de xuño ao 31 de xullo e do 2 de setembro ao 6 de setembro
Publicación listados solicitantes: 9 de setembro
Sorteos (no seu caso): 11 de setembro
Probas (no seu caso): do 10 ao 12 de setembro
Publicación listas de admitidos: 13 de setembro
Matrícula: do 16 ao 20 de setembro
Comezo do curso: 23 de setembro

PRAZOS PARA A EMD
Solicitude e matrícula, do 16 ao 30 de setembro
Comezo do curso: 9 de outubro    
 
escola municipal de teatro

A Concellería de Educación oferta actividades no ámbito da música e das artes escénicas mediante o desenvolvemento da programación educativa anual das súas escolas municipais (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música tradicional e folk -E-TRAD-, Escola municipal de teatro -EMT-, Escola municipal de danza -EMD-). Unha vez rematado o presente curso 2012-2013, presentan agora o froito das súas ensinanzas coa celebración de concertos e actuacións abertas para toda a cidadanía. A programación dos respectivos Festivais Fin de Curso é a seguinte:


Escola municipal de teatro (EMT)

Datas: 12, 13 e 14 de xuño de 2013
Horario: 18,30 h
Lugar: Auditorio municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n)

Escola municipal de danza (EMD)

Data: 17 de xuño de 2013
Horario: 20,00 h
Lugar: Praza do Rei

Escola municipal de música de Vigo (EMMV)

Datas: 18 e 20 de xuño de 2013
Horario: 19,30 h
Lugar: Auditorio municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n)

Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)

Datas: 19 e 21 de xuño de 2013
Horario: 19,00 h
Lugar: Auditorio municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n)

 
O Concello de Vigo a través do seu Consello Escolar Municipal CEMV, fai un recoñecemento ás figuras de Constancio Veiga e Jose Mª García Picher

Onte, 30 de maio de 2013, a petición do Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), celebrouse no Instituto Municipal de Educación un emotivo acto para homenaxear ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.

Ao acto estivo presidido polo actual Concelleiro de Educación, Santos Hector, e pola exconcelleira Olga Alonso. Os dous eloxiaron a gran traxectoria profesional e a inmensa calidade humana dos dous homenaxeados, e fixeron referencia á importante pegada que estes deixaron na cidade de Vigo. No acto estiveron presentes as familias dos homenaxeados, que recibiron sendos documentos escritos por representantes do CEMV no momento que se acordou facer este recoñecemento. 

Olga Alonso deu  lectura ás palabras escritas por  Xose Manuel Pena, secretario de Foanpas e membro do CEMV no 2011,  quen escribiu sobre Jose Mª García Picher que "nos agasallou coa súa presenza e o seu traballo nos centros de ensino e da administración da cidade ó longo da súa vida, e deixou en todos unha grande pegada na que se recoñece a súa innata labor de mestre , tanto do ensino coma da vida de tantos  vigueses e a xenerosidade coa que se entregou a tal fin. García Picher non só soubo dar grandeza a cidade de Vigo co seu traballo, senon que ademáis soubo realmente dar significado á palabra MESTRE".

Bertila Alonso, como representante de FOANPAS, entregou ás familias un agasallo en nome das nais e pais do Concello e  dedicoulle unhas sentidas palabras a quen foi o seu mestre na montaña, Constancio Veiga, "gustaríame dicir que hoxe as montañas se visten de gala porque chega Constancio, e non se escoitará o silencio senón as melodías do tintineo das clavixas e mosquetóns e o murmurio do seu camiñar.Grazas mestre, ata sempre"
 

 IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Imprimir cemv - 24-Maio-2013 - 18:28:59  


Xornadas Teatro escolar
Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ao longo do período no que se organizan estas IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 

A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.

Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademais de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.   


 
Vidal Bolaño Normalización Lingüística programa para a vindeira semana dúas actividades:obradoiro de Escrita creativa, impartido polo escritor Francisco Castro no Instituto Municipal de Educación e Videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño no Auditorio municipal da praza do Rei. 

Luns 20 e martes 21 de maio de 17:00 a 19:00 h, no Instituto Municipal de Educación-IME (Cño. do Chouzo, 2)
Obradoiro concibido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa. As persoas asistentes terán a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras...
Escribiranse poemas, relatos, contos... sempre partindo de actividades moi sorprendentes. 
 
Para participar é preciso anotarse chamando ao SNL do Concello ao número 986 81 02 81 entre as 9:00 e as 14:00 h
  

Videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño, moderado pola actriz Uxía Blanco
Martes 21 e xoves 23 de maio, no Auditorio municipal da praza do Rei

19:00 h: apertura de portas 
19:15 h: inicio.Presentación da obra/vida de Vidal Bolaño
19:30 h: proxección película (114 min) (de balde) 
21:30 h: coloquio    
 
Certame Arte Infantil  O Concello presenta unha nova edición do "IV Certame de Arte Infantil" para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte.

A participación é moi doada: tan só hai que mandar un correo electrónico cunha imaxe por cada unha das obras que queiran optar ó certame, con todos os datos do alumno/a (nome completo, colexio, curso e teléfono) antes do día 31 de maio á seguinte dirección: artemingos@artemingos.com

De entre todas as obras presentadas elixiranse 100 finalistas. O persoal do programa recollerá os traballos directamente nos colexios, e pasarán a formar parte da Mostra que se levará a cabo na segunda quincena de xuño na Lonxa do Concello. Tamén se fará unha entrega de premios ós gañadores de cada categoría, nun acto a celebrar o 22 de xuño e que incluirá espectáculos de humor e maxia. Os colexios optan tamén en conxunto ó premio ós máis participativos. 

Os obxectivos que persegue o Certame son os seguintes:
  • Incentivar a creación artística en todos os ámbitos entre o alumnado de Vigo.
  • Fomentar a relación entre centros escolares no ámbito artístico.
  • Valorar a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno.
  • Achegar o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar da nosa cidade.    
 


Pleno 18_04_13

O pasado 18 de abril de 2013, reuniuse no Instituto Municipal de Educación en sesión plenaria o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Nesta sesión adoptáronse os seguintes acordos:

1. Aprobar a  moción sobre a LOMCE  presentada pola  Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (13 votos fronte a 2 en contra). Con esta moción, o Pleno do Órgano Colexiado rexeita por completo o Anteproxecto de Lei, LOMCE, xa que entre outras cousas supón: O reforzo das atribucións do goberno central e a redución de competencias das Comunidades Autónomas. A perda do carácter representativo e decisorio dos Consellos Escolares, como únicos órganos que poñen en contacto aos diferentes actores sociais da totalidade da Comunidade Educativa dun Concello/Escola/Instituto, etc. A volta ao protagonismo educativo das reválidas. A consideración da calidade educativa como empregabilidade, non tendo en conta o necesario para chegar á calidade, destacando o aumento de inversión de diñeiro público no ensino privado. A valoración da competitividade fronte á solidariedade. Non defende unha educación integral da persoa. Esquece o diagnóstico previo do alumnado e o seu desenvolvemento persoal en destrezas emocionais, sociais, artísticas e en capacidade crítica.    
Ademais, considérase ideoloxizante. Prima as materias do informe Pisa, as instrumentais, sen argumentación pedagóxica contrastada. Aumenta os contidos confesionais en detrimento da educación en valores democráticos. Afonda no aumento da segregación, que ademais de social tamén será escolar (pedagóxica, cultural e lingüística). Carece de medidas que favorezan a continuidade no sistema escolar, fagan efectiva a inclusión da diversidade, combatan o fracaso escolar e aspiren á excelencia.

 2. Aprobar a  moción sobre a comedores presentada pola  Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos fronte a 1 en contra). Con esta moción, o Pleno do Órgano colexiado rexeita proxecto de decreto de comedores escolares da Consellería de Educación. Este decreto establece a continuidade da xestión directa e a responsabilidade da contratación e xestión integral polas ANPAS, así como a atención e coidado do alumnado por estas coas súas propias e específicas pólizas de seguro, desentendéndose dos comedores xestionados actualmente polas ANPAS;  pretende implicar na xestión ás propias familias usuarias, colectivos e asociacións afectados;  limita a gratuidade ao alumnado en exclusión social, vítimas de terrorismo e de violencia de xénero acreditadas, e de rendas netas inferiores aos 7.000€ anuais per cápita;  establece pagamento por servizo de comedor roldando os 90€ mensuais en, por exemplo, familias monoparentais cun fillo/a e ingresos netos desde 18.000,02€ anuais (9.000,01 per cápita); 180€ por dous fillos, etc.;  limita o servizo á comida do mediodía; con este proxecto de decreto, a Consellería esquece a súa propia responsabilidade sobre o alumnado que acolle durante a xornada escolar.  O pleno do CEMV de Vigo rexeita o proxecto de novo Decreto de comedores escolares polas razóns referidas, e insta á Consellaría e á Xunta a conseguir o máximo consenso parlamentario posible en materia educativa, establecendo as condicións e o marco normativo que aseguren, por parte da Administración educativa, un servizo de comedor escolar realmente favorecedor da igualdade educativa, social, de xénero e de oportunidades nos centros públicos, asumindo polo tanto os comedores escolares de todos os centros públicos.          
 
3. Ratificar o acordó adoptado o 19 de xaneiro de 2011 por este órgano e no que se aprobaba facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.     
 

  I Xornadas de Inclusión Educativa de Foanpas

Imprimir cemv - 28-Marzo-2013 - 17:59:12  

Cartel Xornadas Inclusión Foanpas
A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), organiza a ″I XORNADAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA″ que terá lugar o próximo 13 de abril no VERBUM "Casa das Palabras".

  Esta xornada está destinada a personas vencelladas ás ANPAS, ao ámbito da educación (mestres/as, directores/as, orientadores/as, pedagogos/as, etc.) e ao ámbito sanitario.

Achegamos o cartel e o díptico exterior e interior con toda a información.    
 
<<Xuño  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto