Órganos

Imprimir cemv - 13-Maio-2010 - 17:37:27 


O CEMV funciona en Pleno, Comisión Permanente e Comisións de Traballo, constituíndo os órganos colexiados de participación.

  • O Pleno é o órgano supremo de decisión e formación da vontade do CEMV. Está integrado por todos os/as conselleiros/as, baixo a dirección do/a presidente/a e asistido polo secretario/a.
  • A Comisión Permanente é a unidade básica de xestión do CEMV, a quen corresponde a recepción e tramitación dos asuntos, preparando e facilitando as xuntanzas do Pleno, e exercendo de instancia intermedia entre este e as outras comisións. Son membros desta Comisión: os tres órganos unipersoais, os/as presidentes/as de cada unha das comisións de traballo existentes, e un/unha vogal de cada un dos tres sectores do CEMV.
  • As Comisións de Traballo son órganos especializados para o estudo e análise dos asuntos específicos que lles correspondan. Cada unha de elas está integrada por tres membros, representando cada un ao sector docente, usuarios/as do Sistema Educativo, e sector social. Na actualidade están constituídas dúas comisións de traballo:
    • Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa.
    • Comisión de Equipamentos e de Planificación Educativa.
  • O alumnado tamén ten o seu papel no Cemv, podendo formar parte do Pleno do Cemv. Existe un grupo de apoio entre o estudantado máis votado nas eleccións para o Cemv.


<<Abril  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto